Este
inverno está sendo un dos invernos máis secos dos últimos cincuenta anos polo
que xa comeza a ser alarmante e, á espera do que poida acontecer na primavera,
a falta de chuvias está sendo a día de hoxe unha preocupación para as veciñas e
vecinos do Saviñao.
Os
informes realizados por METEOGALICIA, non auguran precipitacións a curto-medio
prazo, polo que existe a posibilidade real de que as reservas municipais de
auga se esgoten durante o verán.
1)
Cal é a situación das reservas de auga do Saviñao?
2)
Que medidas está a adoptar o Concello para aforrar auga?
3)
Existe un “Plan de Emerxencia” para o caso de que a seca
continúe?
4)
Haberá restriccións de auga?
5)
Hai plans para aumentar a capacidade da presa de
Iglesiafeita?