“NUN INTENTO DE REMENDAR O MODELO NEOLIBERAL, ESTANSE GASTANDO MOITOS RECURSOS PÚBLICOS, E PODE SER UNHA AMEAZA PARA O FUTURO”


Xabier Vence, catedrático de Economía Aplicada da USC, vén de ser presentado coma o coordinador dun grupo de expertos economistas que guiarán ao BNG en matería económica e que proporán medidas a tomar para superar a crise. Nunha pequena entrevista, Vence indicounos que nas medidas que se están a tomar polos gobernos “estase facendo un uso abusivo e irresponsábel dos recursos públicos” froito dun “intento de remendar o modelo neoliberal” que pode chegar a ser “unha ameaza para o futuro”.


- Cal vai ser o peso do grupo de expertos que vai aconsellar ao BNG e que vostede coordina?

Hai que especificar que hai dúas dimensións deste grupo. Unha parte do foro que se reuniu o luns ten como misión fundamental o de ser un foro de discusión e de elaboración de propostas pero dunha forma xenérica en relación á crise. Logo, dentro dese grupo hai outro que traballa máis estreitamente na elaboración e na formalización de propostas con maior nivel de detalle e profundidade.

- Como cre que levamos a crise en Galiza e como ve o panorama?

A crise amósase cada vez máis intensa nas actividades produtivas, como era previsíbel. De tal xeito que estamos experimentado un parón moi acelerado da actividade económica nos sectores principais da economía de Galiza. O primeiro sector que sufriu ese parón foi o sector da construción, e con el todos os sectores que producen “ímputs” para a contrución. E agora estamos no momento no que outro sector importante para Galiza sufre ese parón, que é o do automóbil. E no sector servizos tamén se está a notar, sobre todo pola caída do consumo, polo deterioro da capacidade adquisitiva dos salarios. E nos vindeiros meses creo que se agravará máis a situación, e ao haber un parón da actividade, a consecuencia inmediata será o peche de empresas e a reducción de plantillas, co aumento das cifras do paro.

- Como podería explicar en poucas palabras a solución a esta situación?

En poucas palabras é imposíbel, porque é unha crise moi complexa e polo tanto a solución non e simple. Non é que sexa unha crise do sistema financieiro. Non é simplemente unha recesión, senón que é moi complexo porque afecta á configuración do modelo económico que veu dirixindo a economía mundial nestes últimos lustros, e polo tanto é unha crise que require solucións que teñen que ser dadas en múltiples planos. O problema é que a diagnose da crise por parte dos gobernos non é a axeitada.

- Como ve as actuacións que se están tomando para atallar a crise dende o Estado e dende Galiza?

Nese sentido, as decisións, en xeral, son de moi cortas miras. Estase facendo un uso abusivo e irresponsábel dos recursos públicos para cubrir ocos para o burato negro dos últimos anos creado polo sistema financieiro. Iso vai absorber unha cantidade tan enorme de recursos públicos que vai dificultar a dispoñibilidade de recursos para tirar da actividade económica. Estanse tomando decisións demasiado equivocadas e que hipotecan en boa medida o que se poida facer no futuro, porque se busca un remendo ao modelo vixente e a solución require medidas de máis alcance, de cambio do modelo económico.

- E como se tería que gastar o diñeiro público?

Creo que un programa responsábel de utilización do gasto publico para reactivar a economía pasaría principalmente por unha política de gasto público orientado á mellora dos servizos públicos que están en situación de déficit e insuficiencias, como o é o sector sanitario, a educación ou o I+D+i, ou tamén como o son os servizos sociais ou a xustiza, que está infradotada ou a Administración en xeral. Eu creo que o principal programa de gasto público que se debería poñer en marcha é a de creación de emprego público para desenvolver aquelas actividades e servizos públicos nos que hai insuficiencias manifestas xa que iso redundaría na mellora da calidade de vida da cidadanía e na creación do emprego que a través do pago de salarios e de investimentos para poñelos en funcionamento crearía demanda para o sector privado da economía e tamén reactivaría o consumo.

- O capitalismo, tal e como o coñecemos, está morto como modelo económico?

Dicir morto é demasiado forte, pero creo que está claramente fracasado. Creo que o modelo neoliberal conduciu a unha situación de tal desastre económico e tal grao de desorde na vida económica a nivel mundial que cómpre superalo, buscar outro modelo, outra forma de organizar a actividade produtiva diferente á neoliberal. Iso creo que é clarísimo, o que ocorre é que os que toman as decisións en todos os mercados non están convencidos de que o neoliberalismo haxa que pasalo para os sobrados da historia. Efectivamente, todos os que están á fronte dos gobernos dos principais países e economías foron os que estiveron aplicando os modelos neoliberais, e é improbábel que eles apliquen ese cambio de modelo. Así que están tratando de adoptar medidas paliativas que en principio casan dentro do modelo, moito gasto público para salvar os problemas inmediatos dese modelo, e nese intento de remendar o modelo neoliberal están gastando moitos recursos públicos que pode ser unha ameaza para o futuro.Necesariamente vai ter que ocorrer algo nas economías e nas sociedades, e no político para que unha nova xeración sexa capaz de repensar un modelo diferente que supere as eivas do modelo neoliberal.

- Cal é ese novo modelo económico?

Creo que é complexo de describir. Ten que ser un modelo no que o capital financieiro non teña o predominio e a hexemonía absoluta sobre o resto do sistema económico, ten que voltar a ser un instrumento para a dinamización da economía produtiva pero non para estorsionala, e iso implica unha reforma esencial do modelo. Ten que ser un modelo onde a capacidade de compra das familias e das persoas poida progresar paralelo ao aumento da produtividade. Iso quere dicir que hai que esquecerse das políticas da moderación salarial, para que así poidan evolucionar co aumento da produtividade e así o consumo poida manterse baixo condicións reais e non baixo os créditos e o endebedamento.

Hai que crear un novo papel do sector publico do Estado na regulación do sector público e na intervención da economía. Recuperar un papel máis importante no sistema finacieiro, que teña instrumentos de orientación do investimento, bancos ou intitutos de crédito, cara a actividades estratexicas de futuro e non cara a actividades especulativas. E tamén ten que ter un desenvolvemento do estado de benestar onde non o hai, que é en boa parte do mundo.

Todo iso necesítase cunha política fiscal diferente, que vaia na dirección contraria da neoliberal, que ía reducindo impostos ás grandes fortunas e aos ricos e aumentandollo ás pequenas familia. Hai que recuperar un sistema impositivo progresivo que permita unha redistribución das rendas, dende as máis altas ás mais baixas. E para iso o mellor sería a implantación dun imposto ás grandes fortunas para que ano a ano foran revertindo á sociedade iso que foi acumulando nos anos de bonanza. Que máis ou menos substitúa ao imposto de patrimonio que se sacou agora, e que financiaría o incremento do gasto público que se está levando a cabo.

PROPOSTAS DO BNG CONTRA A CRISE ECONOMICA

O XOVES 4 DE DECEMBRO O BNG ORGANIZA UN ACTO EN MONFORTE PARA EXPLICAR AS MEDIDAS DO BNG CONTRA A CRISE ECONOMICA

INTERVIRÁN:

SEVERINO RODRÍGUEZ DÍAZ,
Alcade de Monforte.

ANA PONTÓN MONDELO
Membro da Executiva Nacional.

LUGAR: CASA DA CULTURA DE MONFORTE
DATA: XOVES, 4 DE DECEMBRO
HORA: 20:00 h.

JORQUERA PEDE A ZAPATERO UN "PLANO AMBICIOSO DE INVESTIMENTOS EN LUGAR DUNHA SUCESIÓN DE MEDIDAS A CONTAGOTAS"

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, dirixiuse no Pleno ao Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, para demandarlle que “presente un Plano ambicioso de investimentos para facer fronte á crise en lugar dunha sucesión de medidas a contagotas”.
Jorquera abriu a súa intervención enfatizando que o BNG nunca estivo a favor do divorcio entre política e economía, e a continuación detívose nos principais temas de controversia no ámbito económico. Nun primeiro termo, referiuse ao debate sobre austeridade ou expansividade do gasto público. Lembrou que xa “na súa investidura defendemos a aposta decidida polo investimento público fronte aos que preconizan a austeridade”.

Máis recursos para as CC.AA para desenvolver políticas sociais
Por iso, puntualizou, remarcamos a importanza da política orzamentaria. “Agora, vosté xa admite a necesidade de recurrir a un aumento da débeda pública para movilizar mais recursos públicos”. O deputado do BNG redundou neste argumento e propuxo “unha aposta decidida polo gasto social e a mellora dos servizos públicos que redunde nunha mellora das condicións de vida da cidadanía”. Subliñou que a maior parte dos servizos públicos son competencia das CC.AA.
“Esquézase do dogma de que o Estado ten que reservar para si polo menos o 50% do gasto público e peche coas CC.AA unha reforma do sistema de financiamento que as dote de máis recursos”. Ademáis, pediu ao Presidente do Goberno que presente un Plano ambicioso de investimentos “en vez dunha sucesión de medidas a contagotas”.


Críticas á máis Ministerios: “practique a austeridade nese ámbito”
Ínstou a Zapatero a practicar a austeridade en noutros ámbitos e cuestionou que sexan necesarios Ministerios en áreas de responsabilidade autonómica. “Non acrecente este erro prometéndolle a Sanchez Vicario un Ministerio de Deporte”.

Redimensionar o ICO e usar a SEPI para participar en empresas estratéxicas

Respeito ao tema da intervención ou non do Estado na economía, tildouno de “debate falso porque a economía sempre estivo regulada. A cuestión é como se regula e ao servizo de que intereses”.
Neste sentido, apelou a Zapatero a redimensionar o ICO “e a colaborar cos Institutos de Créditos autonómicos como o que o BNG propuxo para Galiza”. E “recurra á SEPI para tomas de participación de capital en empresas estratéxicas como REPSOL”. En relación ao entorno comunitario, demandou que se exixa que o Banco Central Europeo e a política monetaria non “escapen do control democrático “, e criticou as actuacións gubernamentais neste sentido. “Xa son poucos os que se atreven a discutir que a súa obediencia cega aos dogmas monetaristas restou rapidez de resposta fronte á crise”.

Rebaixar a IVA para reactivar o consumo
No relativo á rebaixa de impostos ou progresividade fiscal, mantivo a defensa dunha mellor progresividade fiscal e priorizar a imposición directa fronte á indirecta. Convidou ao Presidente do Goberno a seguer o exemplo de Gordon Brown: “rebaixe a IVA para reactivar o consumo, e compense a rebaixa incrementando a progresividade na imposición directa”.

Reptos na UE: defender a volta de Navantia Fene á construción naval civil e un sistema de cotas lácteas xusto para Galiza
En referencia á libre competencia, utilizou unha frase de Durao Barroso para a súa argumentación: “medidas excepcionais ante unha situación excepcional”. Unha idea que se empregou para xustificar “o feito de acudir ao resgate dos bancos ou para que os Estados avalien operacións de crédito de fabricantes de vehículos”.
Por iso, demandou a Zapatero que coa mesma forza defenda na UE que o asteleiro de Navantia Fene volte á construción naval civil que “podería absorver parte do desemprego que se xenera noutros sectores”. E tamén na UE que defenda un sistema de cotas lácteas xusto para Galiza.

20 ANOS DEIXANDO PEGADA


CELEBRA CON NÓS O 20 ANIVERSARIO DE GALIZA NOVA
o sábado 29 de novembro acto público na faculdade de filoloxía de compostela ás 19:30h, logo cea de confraternidade ás 22:30h
apuntate nocorreo nacional@galizanova.org

As políticas de Igualdade son tema principal do novo BENEGA AO DÍA


O número 31 do BENEGÁ AO DÍA vén de saír do prelo. Inclúe cinco páxinas nas que se repasan as políticas de Igualdade que leva a cabo o nacionalismo desde as súas responsabilidades de goberno. Tamén se recolle información sobre a posición do BNG ante a crise económica e unha entrevista co portavoz parlamentar Carlos Aymerich.

O número inclúe dúas páxinas sobre a última Asemblea Nacional, na que se reelixiu a Anxo Quintana como candidato á presidencia da Xunta. Así mesmo, recóllense os detalles do acordo entre o BNG e o PSOE para apoiar os orzamentos do Estado.

A contracapa leva unha entrevista con María Yáñez, unha das responsábeis do vídeoblog de Anxo Quintana.

O BNG COMEZA UNHA CAMPAÑA DE ACTOS SOBRE A CRISE ECONÓMICA

O BNG comezará este venres 14 cun acto en Vigo unha campaña nacional sobre a necesidade dun cambio de políticas económicas para reducir os efectos da crise e que “Galiza saia reforzada dela”, en palabras de Alberte Ansede. O lema será “Con máis autogoberno, unha economía ao servizo da xente”.

“O grafismo que acompaña ao lema coidamos que suficientemente elocuente: poñámoslle o STOP á situación actual cun cambio obligatorio de sentido, o cambio cara a unha economía ao servizo das maiorías sociais”, asegurou o membro da executiva nacionalista.

Nos actos das sete cidades galegas intervirá o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, acompañado dos máximos referentes municipais. Así mesmo, haberá actos nas principais vilas do país que tamén contarán coa presenza de dirixentes nacionalistas.

Segundo explicou Ansede, os nacionalistas están traballando tamén na vía de reunir un equipo de economistas “que poidan asesorarnos nas análises e nas medidas a tomar para afrontar esta situación complexa e difícil” e tamén manterán reunións coas diferentes organizacións sindicais e empresariais para ter unha interlocución máis fluída.

“No que respecta ao plano máis puntual, hoxe o BNG estará presente nas mobilizacións comarcais que convoca o sindicalismo nacionalista da CIG. Facémolo porque non queremos de ningún xeito se faga recaer a saída da crise sobre os de sempre, rebaixando máis os salarios, precarizando máis o emprego e recortando os servizos sociais como as pensións”, dixo. “O BNG considera que a remontada á crise virá pola reactivación do consumo que pasa por un sostimento e mesmo incremento dos salarios e a estabilidade e calidade no emprego”, sinalou Ansede.
Autogoberno contra a crise

O BNG avoga por un aumento do autogoberno, na liña de recuperar o papel interventor e controlador das institucións públicas na economía. No caso de Galiza, Ansede sinalou o acerto de medidas xa tomadas polo goberno galego, como “o substancial incremento dos investimentos en I+D+i ou a aposta polo sector emerxente das enerxías renovábeis, cun investimento no sector eólico de 5.000 millóns de euros”.

Porén, é fundamental un aumento do autogoberno para poñer os recursos do país ao servizo da maioría social. En concreto, citou a necesidade de que o país conte con competencias plenas en materia de portos e aeroportos; do dominio marítimo-terrestre; para ordenar o sector pesqueiro e sobre o espazo radioeléctrico. Así mesmo, segundo o dirixente do BNG, “é o momento de reclamar con máis forza que se levante o veto para que Astano poida volver a construír barcos e absorver así o desemprego xerado por outros sectores en crise”.
Instituto Galego de Crédito

“O BNG defende a constitución dun organismo galego de crédito oficial, un instituto de crédito galego, que unifique todos os instrumentos de acompañamento empresarial que ten hoxe o goberno galego e ao tempo dea participación no capital risco ás caixas de aforro”.

A preguntas dos xornalistas sobre os cambios de posición do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en torno á necesidade desta institución, Ansede asegurou que “pensamos que Touriño reflexionou mal sobre a nosa proposta”. “Esta pasa por facer o mesmo que están a facer o goberno español ou o goberno alemán, é dicir, empregar as institucións públicas de crédito para garantir a liquidez da pequena e mediana empresa porque a banca privada non o fai”, afirmou, ao tempo que resaltou que “a autonomía política ten que servir para algo e ser empregada a fondo”. “Nós celebramos a inmediata rectificación de Touriño, non polo propio BNG senón pola sociedade galega, que así poderá contar moito máis rapidamente con ese organismo de crédito oficial”.
Ansede tamén defendeu “unha nova lei de caixas de aforro para poñelas ao servizo da economía produtiva e social e da criación de emprego de calidade no país”, así como a participación de Galiza na dirección do Banco de España e as demais institucións de control e supervisión dos mercados, como o de valores, o das telecomunicacións e o da enerxía.
Crise do modelo neoliberal

“Non estamos simplesmente ante un ciclo baixo da economía. Estamos ante a quebra do modelo neoliberal. Un modelo que nos seus grandes rasgos –privatizacións, precarización das condicións de vida dos traballadores, perda da capacidade de intervención dos poderes públicos democráticos na economía- atopou o apoio entusiasta dos dous partidos hexemónicos do Estado español. Nen durante os anos Aznar nen durante a primeira lexislatura de Zapatero houbo a menor crítica ou o menor cuestionamento deste modelo”, asegurou
O responsábel de Organización criticou que se falase “sen nengún tipo de complexos do milagro económico español, pasando por alto que este se baseaba nunha estratexia de crecimento non sustentábel, a da espiral especulativa inmobiliaria, así como nun mercado laboral caracterizado pola precariedade e os baixos salarios”.

Nesa liña, afirmou que o BNG nunca creu na ensoñación de que o mercado por si só resolve os problemas e defendeu unha economía máis democrática dirixida polo poder político elidido polos cidadáns e non sometida exclusivamente aos intereses dos banqueiros. “Fronte a economía especulativa e o capitalismo de casino, postulamos unha economía social, unha economía produtiva, unha economía máis democrática, ou sexa, e como di o lema de campaña, unha economía ao servizo da xente”, asegurou.
As recetas da dereita “afondan os vicios do actual modelo”

A preguntas dos xornalistas, sinalou que as medidas propostas por Alberto Núñez Feijoo, “van no camiño de afondor nos vicios e defectos que acusa o actual modelo económico”. Criticou a proposta de baixar os impostos ás rendas altas e medio-altas, posto que isto reduciría a capacidade do Estado de intervir na economía.

SETEMBRO DE 1933: GALIZA, UNHA NACIÓN EN EUROPA

Esta semana cúmprense 75 anos do recoñecemento nacional do noso país polo Congreso de Nacionalidades Europeas, organismo da Sociedade de Nacións, predecesora da ONU.
"O Partido Galeguista, partido nacional dos galegos, representado no parlamento español polos deputados Otero Pedraio, Castelao e Suárez Picallo, declara solemnemente (...) que conta con máis de dous millóns de almas e habita a totalidade do territorio de Galiza, é unha nación ben definida, que se diferencia claramente dos outros pobos que habitan España. A súa orixe, a súa historia, o seu idioma, e os seus costumes xustifican esta diferenza dunha maneira absoluta".
Con esta declaración, presentada en galego e en inglés e aprobada polo IX Congreso de Nacionalidades Europeas que tivo lugar en Berna entre o 16 e o 18 de setembro de 1933, o noso país ingresaba neste organismo adxunto á Sociedade das Nacións (a ONU de entreguerras). Esta semana, xa que logo, cúmprense -exentos de celebración institucional ningunha- os 75 anos do recoñecemento internacional de Galiza como nación europea.

FOLION DE FACHAS DE VILELOS


O próximo venres 26 de setembro terá lugar en Vilelos o Folión de Fachas.


ANIMATE E PARTICIPA.


ANXO QUINTANA: “O BNG É A ÚNICA FORZA QUE PERMITE QUE GALIZA CONTE NOS ORZAMENTOS DO ESTADO”

O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, subliñou onte que “o BNG é a única forza política galega que permite que Galiza conte nos Orzamentos do Estado para 2009”.
O líder nacionalista foi entrevistado onte por varios xornalistas no programa da TVG “Hai Debate”, onde salientou que o “BNG é o único que ten capacidade de negociación co Goberno Central, porque do PSOE xa sabemos que vai dicir que si e o PP vai dicir que non porque así llo ordena Raxoi”.
Neste sentido, Quintana advertiu que para que o BNG dea o seu apoio aos orzamentos do Estado para 2009 “Zapatero ten que mover ficha, definir cal vai ser a súa política social e fiscal, ratificar os compromisos con Galiza, e que se realicen de verdadade, polo que ten que haber unha comisión de seguimento das infraestruturas do Estado no noso país”.
Reforma do voto emigrante
A preguntas dos xornalistas, o portavoz nacional do BNG tamén lle pediu ao presidente do Goberno que “modifique a lei para que os cidadáns galegos no exterior voten coas mesmas garantías que no Estado español, porque o sistema actual é claramente deficitario”. Neste sentido, subliñou que “o BNG foi a única forza política, a diferencia de PP e PSOE, que mantén un discurso coherente sobre a reforma do voto dos residentes ausentes”.
Financiamento autonómico
Anxo Quintana tamén se referiu á reforma do sistema de financiamento autonómico, “onde o verdadeiro problema é o modelo fiscal do Estado español: descentralizado , en parte, no gasto nas Comunidades Autónomas, pero moi centralizado na Administración Central nos ingresos”. Por iso, lembrou que “para o BNG é prioritario que o novo sistema teña en conta as especificidades de Galiza, nos dote de suficiencia financeira para cubrir o noso gasto e de autonomía fiscal”.
“Neste momento de crise económica, a xente vé a utilidade do autogoberno”
Preguntado polas medidas que o Goberno galego está a por en marcha para afrontar a crise económica, o líder do BNG subliñou que “a xente dase conta agora do positivo que é que Galiza teña máis autogoberno”. “Así, -engadiu- estamos a utilizar as competencias para as competencias para por en marcha o Plan Sectorial de Vivenda Protexida para construir 45.000 vivendas protexidas, ou no Plano Eólico, que estamos a utilizar para que os galegos e galegas se beneficien da producción de enerxía eólica”.
Por último, Anxo Quintana agradeceu o traballo dos autores da web Quin TV así como aos centos de internautas que a visitan diariamente, salientando “a importancia de que os políticos non só falemos, senón teñamos a oportunidade para escoitar á xente”.

VICEPRESIDENCIA ELEVA A 20 MILLÓNS A DÉBEDA DO ESTADO EN MATERIA DE DEPENDENCIA

Galiza estará mañá representada na comisión delegada da Dependencia, a onde a Vicepresidencia Xunta acode cunha postura clara coa que non só pedirán o 10% dos 1.200 millóns de euros que o Goberno central destinará en 2009 á aplicación desta lei, senón que tamén pretende demandar os 20 millóns de euros que, estiman, será a débeda a final de ano para a aplicación desta normativa en Galiza.

Esta débeda parte do feito de que desde o pasado mes de maio, o Estado non paga nada do nivel mínimo (o pago por persoa valorada) e do nivel acordado que se repartiu en xullo e que xa supuxo unha rebaixa respecto do comprometido inicialmente, critica o Goberno galego. De feito, inciden en que até agora o país recibiu un 75% dos 21 millóns de euros que lle correspondían. En definitiva, a xuízo da Xunta, Galiza debe dispoñer en 2009 dun total de 210 millóns de euros para este fin, dos cales máis de 100 os aportaría o Estado e máis de 80 o Goberno galego.

Outra das esixencias que propoñerá o Executivo autonómico consiste no cumprimento da lei "sen trampas, sen regateos". Isto é, que ademais de aportar o 50% do financiamento, debe ter en conta o envellecemento poboacional e a dispersión como criterios de reparto, algo que xa está contemplado na normativa, aínda que non se está aplicando.

Os compromisos do Estado
Na reunión de mañá demandarase que o Consello Territorial da Dependencia que se celebrará en setembro previa petición do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, clarifique os compromisos do Estado e a actualización das estimacións efectuadas polo Ministerio no Libro Blanco da Dependencia.

Neste documento, sinalan desde a Xunta, estímase que en Galiza había 16.500 grandes dependentes, cando a realidade indica que xa son 23.282 os contabilizados polas valoracións realizadas.

Respecto ao copago e a acreditación de centros, asuntos que tamén entran na orde do día, a Vicepresidencia defenderá boa parte das alegacións que presentou CERMI-Galicia, plataforma que representa ás organizacións de discapacitados do país.

VICEPRESIDENCIA TEN VALORADO MÁIS DO 90% DAS SOLICITUDES DE DEPENDENCIA DE 40.000 GALEGOS E GALEGAS ESTÁN A SER ATENDIDOS POLO SISTEMA GALEGO DE BENES

O Sistema Galego de Atención á Dependencia ten valorado a 41.881 persoas con dependencia, o 90,35% das solicitudes presentadas, que a día de hoxe ascenden a 46.353. Estas cifras sitúan á comunidade galega como a terceira do Estado con maior número de dependentes valorados, só por detrás de Andalucía e Cataluña, que superan ao noso país en poboación.
En canto á atención ás persoas dependentes, un total de 39.233 galegos e galegas están a beneficiarse xa das prestacións do Sistema Galego de Benestar dentro da área de autonomía persoal. Entre estas, inclúense as 2.222 que xa perciben a libranza do coidador, o pagamento para coidadores habituais de dependentes que se contempla no catálogo de servizos do Sistema Galego de Atención á Dependencia.
Neste senso, a Vicepresidencia lembra que é un erro falar unicamente de “cobro” para referirse ás prestacións para a dependencia, posto que o catálogo de servizos ao que teñen acceso os dependentes galegos é moito máis amplo que a paga da libranza do coidador, e inclúe todas as prestacións e servizos recollidos na libranza da dependencia (centros de día, residencias, axuda no fogar, teleasistencia...) e na libranza do asistente persoal.
Respecto deste catálogo de servizos, a Vicepresidencia ten feito un importante esforzo para a mellora das prestacións e a súa cobertura. Como exemplo, cómpre salientar o programa de Axuda no Fogar, que pasou de 15 millóns de euros en 2005 a 35 millóns neste ano; ou o de Teleasistencia, que conta agora con 2 millóns de euros fronte aos 250.000 euros de 2005.
Por outra parte, entre o labor desenvolvido en materia de infraestruturas para o benestar, a Vicepresidencia ten posto en marcha unha Rede Galega de Centros de Día, que a día de hoxe xa acada os 55 equipamentos e 2.000 prazas. Este é o principal fin ao que se están a destinar os 60 millóns de euros que o Estado achegou a Galicia para saldar a débeda histórica coa nosa comunidade en materia de benestar, como froito da reclamacións e do traballo feito polo departamento que dirixe Anxo Quintana.
En canto ao financiamento da Lei de Dependencia, Vicepresidencia recorda que Xunta e Estado teñen que aportar os fondos ao 50%. A este respecto, o departamento autonómico ten achegado este ano 100 millóns de euros para a atención á dependencia a través do Sistema Galego de Benestar dos orzamentos da Xunta. A estes que hai que sumar 30 millóns de euros que a día de hoxe suman o conxunto das partidas aportadas a Galiza polo Estado para este fin, unha cifra por parte de Madrid que está moi lonxe do 50% comprometido.
Neste senso, é oportuno lembrar que na última reunión en Madrid do Consello Territorial da Dependencia, o pasado 23 de xullo, o Estado anunciou un recorte dos fondos do nivel acordado para financiar o custo dos servizos de dependencia, que pasaron de 430 a 241 millóns. Así, dos 872 millóns de euros para o financiamento do sistema de dependencia, había un principio de acordo co Estado para establecer o reparto destes fondos nun 50% para o nivel mínimo (o que recibe cada Comunidade Autónoma por cada persoa valorada e con prestación recoñecida) e outro 50% para o nivel acordado (a repartir entre as Comunidades co obxectivo de financiar o sistema público de atención á dependencia, centros, prazas e todos os servizos recoñecidos na Lei como dereitos). Desta última cifra, que ascendería a 430 millóns de euros, o Estado só vai achegar agora 241.
Nesta situación, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, ten anunciado que na próxima xuntanza da Comisión Delegada de Dependencia en Madrid, que terá lugar o 4 de setembro, proporá a celebración dun Consello Territorial da Dependencia, que debería convocarse tamén no mesmo mes de setembro, no que se fixe con claridade cal é a cantidade que o Estado vai achegarlle a Galiza en 2009 para atención á dependencia, a fin de que se contemple nos Orzamentos Xerais do Estado.
Aínda así, o vicepresidente da Xunta, en nome do Goberno galego, ten garantido que sexa cal sexa a resposta do Goberno do Estado todos as persoas dependentes de Galiza con dereito a prestacións terán garantido o acceso aos servizos que lles corresponden.

“GALIZA TEN TANTO DEREITO COMA CATALUNYA A NEGOCIAR DE TI A TI OS ORZAMENTOS CO ESTADO ESPAÑOL”


O vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, declarou hoxe que “Galiza ten tanto dereito coma Catalunya a negociar de ti a ti os orzamentos co Estado español, xa que merece o mesmo trato e o mesmo modelo de negociación ca esa comunidade e así ter as mesmas posibilidades”.

Anxo Quintana asegurou que cando mañá chegue a Galiza o presidente do Estado español, José Luis Rodríguez Zapatero, se atopará “cun Goberno, o galego, con moita fortaleza” porque ademais de poder falar no nome de todos os galegos “pode falar no nome de Galiza e de todos os partidos políticos con representación no Parlamento sobre catro temas chave: a negociación dos orzamentos do Estado, a mellora do autogoberno, o retraso das obras do AVE en Galiza e a reforma do voto emigrante”.

O líder nacionalista dixo que a visita de Zapatero a Galiza “é unha boa ocasión para que anuncia novos traspasos para mellorar o autogoberno de Galiza”. Así, pediulle ao presidente do Estado que “anuncie o traspaso inmediato en materia de tráfico e de seguridade viaria”, xa que como sae nos medios estes días vese que o Estado “rouba e recada en Galiza moito máis do que inviste en materia vial”.

Quintana tamén dixo que dende o Goberno galego “cren na súa palabra e na súa boa intención e non teñen motivos para non crer”, pero o vicepresidente pediulle a Zapatero que coa súa visita se decate de como van as obras do AVE e que anuncie, sen “necesidade de que gaste máis queroseno en voos, a creación da Comisión de seguimento das infraestruturas galegas e das obras do AVE” dándolle así a razón “ás tres forzas políticas galegas con representación no Parlamento, que foron unánimes neste tema”.

Voto emigrante e eleccións

Ademais Anxo Quintana requiriulle a José Luis Rodríguez Zapatero que non desbote a oportunidade que ten mañá de afondar máis “na transparencia democrática” e anuncie xa a reforma da lei do voto emigrante.

Quintana declarou que Zapatero “ten que actuar como un demócrata e ten que dar a razón ás forzas políticas galegas, que pediron esa reforma, e anuncie que os galegos da diáspora poidan votar en urna nas vindeiras eleccións”.Quintana tamén dixo con respecto á visita de Zapatero que “cada un faga as interpretacións que vexa oportunas” pero que a el “non lle comunicaron dende ningunha parte, nin dende o Goberno galego, nin dende o PSOE, ningún adianto electoral”.

Concurso eólico

O vicepresidente da Xunta de Galiza tamén dixo na rolda de prensa que o Goberno galego fixo “un concurso eólico público onde calquera empresa podía presentarse para obter as concesións de explotación da enerxía eólica”, así que non entende como o PP agora se “dedica a difamar e a desprestixiar ese concurso xa que todos se poden presentar, porque é aberto e público”.

A PROPOSTA DO PSOE DE VOTO ELECTRÓNICO NON É MÁIS QUE UNHA MANOBRA PARA NON IMPLANTAR O VOTO EN URNA PARA OS EMIGRANTES

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, advertiulle hoxe ao Goberno Central de que “non utilice agora a promesa de implantar o voto electrónico como unha manobra de distracción para non implantar con carácter de urxencia o voto en urna para os residentes ausentes”.
Francisco Jorquera accedeu a retirar hoxe na Deputación Permanente do Congreso dos Deputados a petición do BNG de celebración dunha reunión extraordinaria da Comisión Constitucional para reformar a LOREX no referente á implantación coa máxima urxencia do voto en urna para os residentes ausentes en aras a un acordo entre todos os partidos políticos: que a Comisión Constitucional se reúna na primeira semana de setembro para crear a subcomisión de reforma do réxime eleitoral xeral e a que o primeiro Pleno do Congreso, a celebrar os días 10 e 11 do mesmo mes, poida ratificar a creación desa subcomisión.

Jorquera subliñou que “é imprescindíbel garantir o voto libre e secreto dos 350.000 galegos e galegas inscritos no CERA e iso só se pode facer homologando o sistema de voto no exterior e no interior; é dicir, establecendo o voto en urna como opción preferente”.

“No BNG –recalcou- consideramos que non hai tantas dificultades técnicas como se argúen para implantar o voto en urna no prazo máis breve posíbel”.
“Sospeitamos que a proposta de voto electrónico é unha manobra de distracción para non implantar con urxencia o voto en urna”
Neste sentido, o parlamentario nacionalista manifestou o “escepticismo” do BNG ante a insistencia do PSOE e da Vicepresidenta do Goberno en implantar o voto electrónico para os residentes ausentes.
Asegurou que “pode ser unha solución a longo prazo, pero a curto prazo a súa implantación é difícil. Non hai máis que ver en que despois de 30 anos de democracia, e malia as continuas iniciativas do BNG, o persoal embarcado, un colectivo moitísimo menor que o CERA, aínda non poida votar, a pesar de que aí o voto electrónico si que podería ser un mecanismo fácil de implantar”.
Por iso, Francisco Jorquera advertiu de que “non nos gustaría que o voto electrónico sexa unha manobra de distracción para non abordar a reforma con carácter de urxencia”.

O GOBERNO CENTRAL ADMITE QUE TRÁFICO RECADA EN GALIZA DEZ VECES MÁIS DO QUE DESTINA A SEGURIDADE VIARIA

O BNG cre que as altas percepcións son o motivo das "reticencias" do Executivo de Zapatero á transferencia das competencias nesta materia

En resposta a unha pregunta do portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, o Goberno recoñece que a recadación da Dirección Xeral de Tráfico en Galiza é dez veces superior ao que inviste no noso país en seguridade viaria.

En concreto, segundo os dados do Goberno referidos ao último ano disponíbel, o 2007, os investimentos de Tráfico en seguridade viaria en Galiza ascenderon a 3.100.248 euros. Pola contra, a recadación do Goberno por infraccións ascendeu no mesmo ano a 32.071.731 euros.
Ademais, a información do propio Goberno desvela que “nos últimos tres anos o investimento de Tráfico en medidas de seguridade viaria en Galiza diminuíu mentres que a recadación medrou”, denuncia o BNG.
Así, o investimento en seguridade viaria pasou de 3.378.450 euros en 2005 a 3.100.248 euros en 2007. Pola contra, a recadación da dirección xeral de Tráfico no noso país medrou nos últimos tres anos, pasando de 27.322.921 en 2005 a 32.071.731 euros o pasado ano.




Transferencia de competencias


Ante isto, Francisco Jorquera dixo que “esperamos que as constantes reticencias do Goberno central a transferir Tráfico e Seguridade Viaria a Galiza non teñan que ver con esta situación”.
Ademais, o nacionalista considera que “esta situación é inadmisíbel: non é de recibo que cando Galiza sofre un dos índices de sinistralidade viaria máis elevados do Estado, o Goberno Central recoñeza que o investimento en seguridade viaria non só non medrou, senón que diminuíu, mentres que a recadación se incrementou en todas as provincias galegas”.
O portavoz do BNG subliña que Galiza precisa “dunha policía propia que dea resposta a unha realidade, a problemática do tráfico en Galiza é moi diferente: poboación dispersa; rede moi densa de estradas secundarias, con trazados sinuosos, numerosos cruces e travesías; alta porcentaxe de poboación que vive no rural; elevada pluviosidade ou a orografía accidentada.”

Neste sentido, lembra que “o Goberno Central segue facendo ouvidos xordos ao acordo unánime do Parlamento Galego demandando a transferencia das competencias de tráfico e seguridade viaria a Galiza, houbo un compromiso do anterior ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, de transferir a Galiza esta competencia”.

“Esperemos que as continuas reticencias do Goberno Central as transferir a Galiza as competencias de Tráfico e Seguridade Viaria non teñan que ver con estes contundentes dados sobre a recadación de Tráfico en Galiza e os investimentos en seguridade viaria no noso país”, concluiu Jorquera.

O BNG CONSIDERA "INSUFICIENTES E DECEPCIONANTES" AS MEDIDAS ECONÓMICAS APROBADAS POLO GOBERNO

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, considera que as medidas aprobadas polo goberno “son insuficientes e decepcionantes e non parece que vaian ter entidade para facilitar a recuperación da economía”.
“Son medidas decepcionantes porque, no canto de atender ás persoas que viven dun salario, ás familias que teñen que afrontar unha hipoteca, isto é, á maioría social (non hai ningunha medida para elas), o Goberno, o que fai é beneficiar aos rendementos máis altos coa aprobación da supresión do imposto de patrimonio que só pagan aqueles contribuíntes que teñen un patrimonio superior a 600.000 euros”, critica o portavoz do BNG no Congreso dos Deputados.

“MEDIDAS NEGATIVAS PARA A LEI DE DEPENDENCIA E PARA O FINANCIAMENTO DAS CCAA”
Ademais, Francisco Jorquera considera que “esta política de recortes fiscais é negativa para as políticas sociais, como xa se está a demostrar co recorte de recursos para a aplicación da Lei de Dependencia, e tamén para a mellora do financiamento das Comunidades Autónomas, dotándoas de máis recursos”. “Compre lembrar –engade- que isto é tanto como dicer: mellorar a calidade dos servizos que prestan estas administracións: a educación, a sanidade, etc”.
En canto ás axudas ás pequenas e medianas empresas, o portavoz do BNG no Congreso considera que “son de escasa entidade e, ademais, articúlanse a través de créditos, asi que non parece moi probábel que beneficien aos empresarios que non queren endebedarse máis”. Por último, Francisco Jorquera critica que as medidas traspoñan tamén a directiva Volkenstein “que suporán a desrregulación e máis precariedade laboral, ou tamén a axilización nos trámites de declaración de impacto ambiental, que abren a porta a posíbeis deterioros do noso contorno”.

CREMOS NO NOSO PAIS




Máis de 25.000 persoas asistiron este 25 de Xullo á manifestación convocada polo BNG con motivo do día da Patria Galega. No seu discurso, o portavoz nacional, Anxo Quintana, dedicou parte do seu tempo ao período de crise económica que estamos a vivir. Cualificou o actual período como a primeira crise da globalización ultraliberal: “Os apóstolos do ultraliberalismo agora gardan silencio fronte a unha crise global que evidencia o esgotamento do modelo enerxético baseado no petróleo, que evidencia todo o sen sentido especulativo do sistema financeiro mundial, e que revela unha aguda crise alimentaria que condea a millóns de persoas á fame extrema”.



Nesa liña, destacou que o BNG sempre apostou por “poñer o autogoberno ao servizo da economía real das persoas e do benestar real das persoas” e mencionou as políticas baseadas no desenvolvemento autocentrado que está a por en práctica o BNG na Xunta. “Asumimos como parte fundamental da nosa acción de goberno a obriga de impulsar a mobilización dos recursos financeiros, enerxéticos e humanos de Galiza a favor da súa economía produtiva e da xeración de emprego e riqueza. Impulsar a nova ordenación da explotación dos nosos recursos enerxéticos e aproveitar as súas potencialidades para favorecer innovadoras estratexias de industrialización e diversificación produtiva”, dixo.



Quintana destacou tamén a importancia prioritaria de “deseñar unha nova política agrogandeira e forestal para recuperar o medio rural como espazo estratéxico prioritario para o noso desenvolvemento como garantía de reequilibrio territorial e cohesión social fronte á desertización demográfica que ameaza as nosas comarcas”.



Ademais, citou a tentativa de regaleguizar FENOSA: “benvidos ao galeguismo enerxético a algúns que estes días avogan pola galeguización dunha importante empresa eléctrica agora en venta”. “Son os mesmos que hai ben pouco tempo louvaban a liberdade sen límites dos mercados e acusaban ao BNG de cativismo paduano ao reclamar o dereito de Galiza a un desenvolvemento autocentrado e a sacar proveito nacional da explotación dos nosos recursos ou por non renunciar ao dereito a vivir e traballar na nosa terra”, afirmou.



A creba de Martinsa-Fadesa tamén tivo o seu espazo no discurso de Quintana: “Seica nestes días hai quen anda preocupado polo destino último que poden ter certos terreos propiedade dalgunha empresa inmobiliaria caída en desgraza. E se especula coa posibilidade de utilizar fondos públicos para resolver o desaguisado. Sabede que mentres o BNG teña responsabilidade nesta materia, e a terá durante moito tempo, os fondos públicos só se utilizarán para asegurar o acceso á vivenda das persoas con menos recursos, para a promoción de vivenda protexida e nunca para cadrar a conta de resultados dalgunha empresa mal xestionada”.
Máis de 25.000 persoas asistiron este 25 de Xullo á manifestación convocada polo BNG con motivo do día da Patria Galega. No seu discurso, o portavoz nacional, Anxo Quintana, dedicou parte do seu tempo ao período de crise económica que estamos a vivir. Cualificou o actual período como a primeira crise da globalización ultraliberal: “Os apóstolos do ultraliberalismo agora gardan silencio fronte a unha crise global que evidencia o esgotamento do modelo enerxético baseado no petróleo, que evidencia todo o sen sentido especulativo do sistema financeiro mundial, e que revela unha aguda crise alimentaria que condea a millóns de persoas á fame extrema”.
Nesa liña, destacou que o BNG sempre apostou por “poñer o autogoberno ao servizo da economía real das persoas e do benestar real das persoas” e mencionou as políticas baseadas no desenvolvemento autocentrado que está a por en práctica o BNG na Xunta. “Asumimos como parte fundamental da nosa acción de goberno a obriga de impulsar a mobilización dos recursos financeiros, enerxéticos e humanos de Galiza a favor da súa economía produtiva e da xeración de emprego e riqueza. Impulsar a nova ordenación da explotación dos nosos recursos enerxéticos e aproveitar as súas potencialidades para favorecer innovadoras estratexias de industrialización e diversificación produtiva”, dixo.
Quintana destacou tamén a importancia prioritaria de “deseñar unha nova política agrogandeira e forestal para recuperar o medio rural como espazo estratéxico prioritario para o noso desenvolvemento como garantía de reequilibrio territorial e cohesión social fronte á desertización demográfica que ameaza as nosas comarcas”.
Ademais, citou a tentativa de regaleguizar FENOSA: “benvidos ao galeguismo enerxético a algúns que estes días avogan pola galeguización dunha importante empresa eléctrica agora en venta”. “Son os mesmos que hai ben pouco tempo louvaban a liberdade sen límites dos mercados e acusaban ao BNG de cativismo paduano ao reclamar o dereito de Galiza a un desenvolvemento autocentrado e a sacar proveito nacional da explotación dos nosos recursos ou por non renunciar ao dereito a vivir e traballar na nosa terra”, afirmou.
A creba de Martinsa-Fadesa tamén tivo o seu espazo no discurso de Quintana: “Seica nestes días hai quen anda preocupado polo destino último que poden ter certos terreos propiedade dalgunha empresa inmobiliaria caída en desgraza. E se especula coa posibilidade de utilizar fondos públicos para resolver o desaguisado. Sabede que mentres o BNG teña responsabilidade nesta materia, e a terá durante moito tempo, os fondos públicos só se utilizarán para asegurar o acceso á vivenda das persoas con menos recursos, para a promoción de vivenda protexida e nunca para cadrar a conta de resultados dalgunha empresa mal xestionada”.

Modelo de financiamento
O vicepresidente da Xunta criticou os termos nos que se está a dar o debate das balanzas fiscais e da reforma do financiamento autonómico: “Temos que acabar dunha vez por todas co mito de que somos un país subsidiado, pobre, sen capacidade para xerar ingresos que cubran os nosos servizos públicos. Hai que desfacerse da imaxe distorsionada e falsa que de nós queren construír dende Madrid, sexa utilizando as balanzas fiscais ou o modelo de financiación”.
Acordos políticos en Galiza para ampliar o autogoberno
Citando a Curros Enríquez “Na nosa unidade está o porvir da patria”, Quintana defendeu o diálogo como método para chegar a acordos con PP e PSOE de cara a cuestións de interese xeral para Galiza, como a comisión de seguemento do AVE ou a ampliación de competencias.
Criticou a actitude do poder central ante as demandas de autogoberno das nacións: “Se seguen negándose en Madrid a que Galiza teña policía propia ou a crear a Comisión Bilateral de seguimento das obras do AVE teremos que concluír que o que utilizan con Euskadi, Cataluña ou Galiza para negarlle o seu autogoberno non son argumentos senón coartadas inadmisíbeis en termos democráticos”.
Unha nova maioría galeguista
O líder do BNG chamou aos presentes a artellar “unha nova maioría social galeguista en torno ao BNG como apoiatura dun novo goberno e do Novo Estatuto de Nación que Galiza precisa facer realidade en 2009”. “Esa maioría galeguista e nacionalista, á que queremos dar expresión política e representación institucional, confía e sabe que para ser algo hai que querer algo, que non hai avances se non hai vontade de avance, que non hai transformación positiva da realidade sen un esforzo consciente por mudar a realidade”, asegurou.
“Non seremos complemento ou bisagra”
Quintana reivindicou a labor do BNG como “motor das políticas de transformación social, cultural e económica do país e asegurou, concluíndo o seu discurso, que “nós non nacemos para ser complemento de ninguén nin ser bisagra en ningún modelo multipartidario. Nacemos para liderar o País e a única porta da que queremos formar parte é da que conduce á liberdade soberana de Galiza.”
A manifestación saíu puntualmente da Alameda e bifurcouse en dúas ao chegar á zona vella, para evitar aglomeracións e dar comezo antes ao acto. Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, foi a encargada de dar comezo ás intervencións. Mencionou as 19 delegacións internacionais asistentes, así como as cinco organizacións galegas que enviaron representantes.

Modelo de financiamento
O vicepresidente da Xunta criticou os termos nos que se está a dar o debate das balanzas fiscais e da reforma do financiamento autonómico: “Temos que acabar dunha vez por todas co mito de que somos un país subsidiado, pobre, sen capacidade para xerar ingresos que cubran os nosos servizos públicos. Hai que desfacerse da imaxe distorsionada e falsa que de nós queren construír dende Madrid, sexa utilizando as balanzas fiscais ou o modelo de financiación”.


Acordos políticos en Galiza para ampliar o autogoberno
Citando a Curros Enríquez “Na nosa unidade está o porvir da patria”, Quintana defendeu o diálogo como método para chegar a acordos con PP e PSOE de cara a cuestións de interese xeral para Galiza, como a comisión de seguemento do AVE ou a ampliación de competencias.
Criticou a actitude do poder central ante as demandas de autogoberno das nacións: “Se seguen negándose en Madrid a que Galiza teña policía propia ou a crear a Comisión Bilateral de seguimento das obras do AVE teremos que concluír que o que utilizan con Euskadi, Cataluña ou Galiza para negarlle o seu autogoberno non son argumentos senón coartadas inadmisíbeis en termos democráticos”.



Unha nova maioría galeguista
O líder do BNG chamou aos presentes a artellar “unha nova maioría social galeguista en torno ao BNG como apoiatura dun novo goberno e do Novo Estatuto de Nación que Galiza precisa facer realidade en 2009”. “Esa maioría galeguista e nacionalista, á que queremos dar expresión política e representación institucional, confía e sabe que para ser algo hai que querer algo, que non hai avances se non hai vontade de avance, que non hai transformación positiva da realidade sen un esforzo consciente por mudar a realidade”, asegurou.


“Non seremos complemento ou bisagra”
Quintana reivindicou a labor do BNG como “motor das políticas de transformación social, cultural e económica do país e asegurou, concluíndo o seu discurso, que “nós non nacemos para ser complemento de ninguén nin ser bisagra en ningún modelo multipartidario. Nacemos para liderar o País e a única porta da que queremos formar parte é da que conduce á liberdade soberana de Galiza.”

JORQUERA AFIRMA QUE AS BALANZAS FISCAIS PRETENDEN TRASLADAR A FALSA IMAXE DUNHA GALIZA SUBSIDIADA


Lembrou que o Estado recada en Galiza 11.000 millóns de euros ao ano e só transfire 7.000 á administración galega e defendeu un modelo de territorialización plena dos tributos


O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, afirmou en rolda de prensa que “a falta dunha análise máis detallada, é evidente que non estamos ante unhas balanzas neutras, senón que teñen unha intencionalidade política, a de proxectar a idea, falsa, de que Galiza é un país subsidiado polo Estado español; a idea de que Galiza non ten recursos suficientes para dotar de pleno contido o seu autogoberno”


“Como sabedes, todas as balanzas fiscais se basean en métodos que son discutíbeis e logo, moitas cuestións se basean en estimacións. O que non é discutíbel son os datos que aportou o BNG, extraídos de estatísticas oficiais: o Estado español recada en Galiza por distintos conceptos tributarios 11.000 millóns de euros e transfire á CCAA 7.000 millóns. Iso é un dato obxectivo e o resto é discutíbel”, asegurou.


Metodoloxía discutíbel


A seguir, analisou os métodos empregados polo goberno nas distintas balanzas fiscais publicadas onte. Nas que seguen o método dos fluxos monetarios, é dicir, imputar os ingresos e gastos no territorio onde se produzan, Jorquera lembrou que é necesario introducir elementos de corrección ao efecto sede, posto que moitas empresas “liquidan beneficios en Madrid, aínda que desenvolvan a súa actividade económica no conxunto do Estado".
“Ademais hai empresas que teñen practicamente toda a súa actividade económica en Galiza e tributan en Madrid”, afirmou. A balanza feita con este método, seguindo o reparto 50% accionistas – 50% consumidores “é total e absolutamente aberrante”, segundo Jorquera, xa que “o 50% accionistas significa o lugar onde está a sede social, é dicir, en Madrid, aínda que falemos de empresas como Citroën que teñen a totalidade do seu proceso produtivo en Galiza”. “Isto son distorsións que fan que as resultantes sexan disparatadas”, resaltou.
No chamado método carga-beneficio: “hai disparates como repercutir o gasto da administración central en todo o territorio estatal, aínda que eu saiba, os ministerios están en Madrid”. “Se iso non ten unha repercusión favorable ao lugar onde están ubicados os ministerios, que trasladen a capital do Estado a Galiza porque ninguén se vai resentir”, dixo. “Tamén se considera que as obras do túnel do Guadarrama hai que repercutilas en todas as comunidades do noroeste peninsular porque poden chegar antes á capital do Estado; é como se nas balanzas fiscais europeas se considera que Galiza está beneficiada polo túnel do Canle da Mancha porque está máis perto de Londres ”, segundo Jorquera


Seguridade social e fluxos indirectos


O portavoz do BNG no Congreso criticou ademais que se repercutan na balanza fiscal os gastos das pensións contributivas da seguridade social: “Nas balanzas publicadas onte repercútense os gastos ocasionados polas balanzas fiscais contributivas. Nós consideramos que isto é aberrante. A seguridade social contributiva recoñece o dereito ás pensións contributivas ás persoas que estiveron cotizando, iso non se pode repercutir territorialmente. Cantos miles de galegos traballaron e cotizaron en Euskadi, Catalunya, Madrid e agora retornan a Galiza na súa idade de xubilación e agora reciben unha pensión? Isto non é solidariedade interterritorial, son dereitos adquiridos” O coordenador executivo do BNG asegurou que “eu tiven familia en Alemaña que cobra pensións e iso non é ningunha solidariedade de Alemaña cara Galiza”
Para o BNG tamén provoca distorsións que non estimen os chamados “fluxos indirectos”. “Haberá que ter en conta que persoas formadas en Galiza logo tiveron que emigrar e vender fóra a súa forza de traballo; debemos ponderar que este país fixo un esforzo na formación de traballadores que logo non redunda no seu beneficio”, afirmou.
“O BNG considera que estes resultados son discutíbeis e pretenden crear a imaxe dun país que vive dos subsidios do Estado español. Iso non é así, en todo caso será o Estado español o que se mantén mediante o esforzo que fan galegos, vascos, cataláns e os demais pobos do Estado”, asegurou.


Aposta pola territorialización plena dos tributos


Jorquera concluíu a súa intervención defendendo “un modelo de territorialización plena dos tributos, non só porque somos nacionalistas, senón porque introduciría transparencia e evitaría manipulacións como aquelas ás que estamos asistindo agora coa publicación destas balanzas fiscais”. “Saberíase o que recada cada país e logo cada comunidade contribuiría de xeito regulado ao sostemento do Estado común e a un fondo para corrixir desequilibrios territoriais”, precisou.

O BNG, MOTOR DA LEXISLATURA MÁIS "FÉRTIL" DA HISTORIA SUSCITANDO O 60 POR CENTO DOS ACORDOS ACADADOS NA CÁMARA



O portavoz e o coordinador do g.p do BNG, Carlos Aymerich e Bieito Lobeira, respeitivamente, coincidiron hoxe en sinalar a actual lexislatura como a máis “fértil” e “fructífera” dos 28 anos de historia da Cámara galega, sendo o BNG o auténtico “motor de impulso” dos tres grupos, pois da media dun 60 por cento de acordos suscitados, estes xeráronse maioritariamente en torno a iniciativas nacionalistas.
Bieito Lobeira, nunha rolda de prensa de balance do actual período de sesións, salientou, por un lado, esta importante actividade de impulso, que tivo a ver, ademais, con asuntos moi apegados ás necesidades da xente, como a defensa dos sectores produtivos, a xeración de emprego, os servizos sociais, etc.
Por outra banda, tamén se referiu ao novo papel que se puido apreciar durante estes tres anos na relación Goberno - Parlamento, nomeadamente as Consellarías dirixidas por un representante nacionalista, pois estes departamentos levan respostadas máis de 5.100 preguntas –só a Consellaría de Medio Rural respostou a 2.400-, algo que non se recorda en toda a historia parlamentar.
Lobeira afirmou que este período de sesións serviu para pór en valor o traballo e o papel do BNG malia as limitacións políticas que se derivan da falta de competencias e malia as dialécticas importadas do Estado que o PP tentou trasladar a Galiza, como os debates sobre o Estatuto catalán ou o Plan Ibarretxe.
Pola súa parte, Carlos Aymerich lembrou que o Parlamento é o que ten que controlar a acción de Goberno e, neste sentido, defendeu o papel de “fiscalización positiva” que realizou o grupo parlamentar do BNG, e puxo como exemplo a Comisión de Investigación da Axente Eleitoral, á que se enfrentaron coa vontade non só de esclarecer os feitos senón tamén de procurar solucións e non “sinalar co dedo quen o fai peor”, solucións que verán os seus froitos, dixo, coa reforma da lei de voto emigrante e do reconto destes votos.
Asemade, Aymerich coincidiu con Lobeira no papel de impulso que teñen desenvolvido, procurando a unanimidade en cuestións de país, “nas que amosamos moita xenerosidade”, en alusión ao acordo acadado para o seguimento das obras do AVE e para a reforma do voto emigrante, mais rexeitando rotundamente a política de vetos que o PP tenta impor, “nunha situación inédita no Parlamento”, como o que ten acontecido coa renovación dos conselleiros do BNG na CRTVG.
Para o voceiro nacionalista, a actitude do BNG contrasta coas formas de actuar doutras forzas políticas, en alusión ao presidente da FEGAMP, que xustificou o decreto do IBI dos encoros “en vez de saír en defensa dos intereses do País”. Aquí se demostra, na súa opinión, que hai quen é –deG, quen non o é e quen é simplemente Galego.
Carlos Aymerich advertiu que a lexislatura aínda non rematou, fican leis moi importantes como a de Vivenda ou Servizos Sociais por rematar a súa tramitación na Cámara, e outros asuntos pendentes do Pacto de Goberno que deben abordarse tamén no tempo que resta, como a reforma dos medios públicos e a regulación da publicidade institucional.

ALTERNATIVAS DO BNG ANTE A CRISE E A PASIVIDADE DO GOBERNO ESTATAL

O Goberno do Estado continúa a eludir teimudamente o emprego da palabra crise para designar o que xa ameaza con se converter nunha profunda recesión económica. Esa resistencia do goberno español explícase porque o PSOE non quer asumir a responsabilidade política de ter concorrido ás pasadas eleccións xerais coa negación da crise como bandeira. Negación que era tanto como negar a evidencia. E explícase tamén porque admitir que estamos nunha crise levaría aparellada necesariamente unha reflexión crítica sobre as políticas económicas seguidas até o de agora, por ser estas en parte as causantes do cambio de ciclo na economía. O que o PSOE non quer facer baixo nengún conceito é mudar de política económica, unha política substancialmente continuista a respecto das directrices marcadas por Rodrigo Rato durante os 8 anos de Goberno Aznar.

O BNG si ten alternativas. O BNG si ten unha política económica substancialmente distinta da que preconizan as forzas políticas estatais, a mesma que está na orixe da crise actual.

O PSOE, como antes o PP, teñen practicado unha política orzamentaria e fiscal de carácter neoliberal, profundamente regresiva ao privilexiar a tributación indirecta sobre a directa (co cal no se cumpre o principio de que paguen máis os que máis gañan) e claramente antisocial ao traducirse na perda de posicións das rendas salariais fronte ás rendas do capital.

O Goberno do Estado, con Solbes ou con Rato como ministros de Economía, non tomou nengunha medida para previr o colapso da burbulla inmobiliaria e, polo contrario, teñen promovido un modelo de desenvolvimento baseado no ladrillo e non no investimento en actividades produtivas de alto valor engadido. A consecuencia é o maior déficit comercial do planeta, por enriba do dos Estados Unidos, e consecuentemente unha perda de competitividade da economía do Estado no mundo.

Fronte á crise, as medidas que agora propón o Goberno do Estado –400 euros, supresión do imposto do patrimonio, veladas ameazas de privatización das pensións públicas, incremento das tarifas eléctricas- son claramente contraproducentes. E sono porque, lonxe de ir á raíz da crise, pódena agravar ao reducir a capacidade de intervención do sector público na economía vía recortes fiscais e ao empobrecer aínda máis ás clases traballadoras, que son as principais vítimas do incremento dos prezos e do deterioro dos servizos públicos. Se tedes dúbidas sobre o efecto que sobre as economías domésticas teñen as medidas adoptadas polo Goberno do Estado, non vaciledes en recorrer ao simulador da tarifa eléctrica que ten posto en marcha o Inega: http://www.inega.es/simulador_factura/simulador_luz.php.

Fronte á crise, o que cómpre é levantar un modelo alternativo. Un modelo que pase polo fortalecimento da política social e polo desenvolvimento de políticas públicas ambiciosas. Cómpre unha política orzamentaria expansiva que permita investir máis en educación, en I+D+I e na mellora dos servizos públicos.

Isto non é retórica. É posíbel facelo. É xusto o que está a facer o nacionalismo desde o Goberno galego, con programas como a construción de 45.000 vivendas protexidas no noso país, a posta en marcha dun concurso eólico autocentrado e con participación pública, o reforzo dos servizos públicos de calidade ou a mobilización de recursos produtivos que outros gobernos tiñan ociosos no agro galego através do Banco de Terras.

Ante a crise hai dúas respostas posíbeis. A escapista e irresponsábel dun Goberno do Estado que finxe non ver a realidade e que está a velas vir e a capear o temporal. E a responsábel, a do nacionalismo galego, consistente en apostar por unha economía produtiva e autocentrada desde a utilización de todos os recursos do sector público.

O BNG VOTA EN CONTRA DO TRATADO DE LISBOA E PEDE "UN CAMBIO DE RUMBO NA UE"

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, explicou esta mañá no Pleno da Cámara Baixa as razóns fundamentais da oposición dos nacionalistas galegos ao Tratado de Lisboa e pediu “un cambio de rumbo da UE”.

“Precisamente para facer posíbel ese cambio de rumbo votaremos non á ratificación deste Tratado”, argumentou o deputado do BNG.

O portavoz nacionalista fixo a súa intervención despois de escoitar a pouco estensa presentación do Tratado por parte do Ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos.

Francisco Jorquera comezou cunha breve referencia ás últimas decisións da UE en materia de inmigración e en materia laboral para sinalar que “son síntomas que engadidos a outros fan que a Europa social se bata en retirada”. Subliñou que “é preciso discernir entre a Europa virtual e a real. O BNG está a favor dunha Europa social, dunha Europa máis democrática, dunha Europa que se constrúa desde o respecto e o artellamento de toda a súa diversidade nacional”.

Cidadáns supeditados á economía
Porén, subliñou, o Tratado de Lisboa vai noutra dirección e “por iso coidamos que é preciso un cambio de rumbo”. Criticou o feito de que a construción europea estea supeditada á defensa dun modelo económico “obsesionado por supeditar calquer outra consideración ás reglas da competencia”. “Non estamos a favor do sometimento das persoas ao mercado, pensamos que a economía ten que estar ao servizo das persoas”.

Ataque aos dereitos sociais
Censurou o Tratado porque supón un “novo avance no ataque aos dereitos laborais” da que é boa mostra a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE que “progresa nunha dirección de desprotección dos traballadores como é o despido sen causa xusta”.

Défices democráticos
Ademáis, indicou Jorquera, “este Tratado posúe importantes défices democráticos porque pretende retomar o Tratado Constitucional derrotado polos resultados dos referéndums en Franza e Holanda”. Asemade, afirmou que concede un papel menor ao Parlamento Europeo ao “transferir como norma a iniciativa lexislativa á Comisión en detrimento do Parlamento”. O outro défice sitúase tamén na Carta de Dereitos Fundamentais que “está a anos luz non só da Declaración Universal dos Dereitos dos Homes senón da propia Constitución española e da Carta Europea de Dereitos Sociais”.

De costas á diversidade nacional
Sen esquecer, que o BNG aspira a unha Europa que recoñeza toda a diversidade nacional, lingüística e cultural que a conforma. “Unha Europa dos pobos e non dos Estados”. Pero o Tratado só recoñece aos Estados como suxeitos de dereitos políticos, non se recoñecen os dereitos dos pobos”.

No lingüístico, a UE “ignora a Carta europea de Linguas Minoritarias ou a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos”. Criticou que só se asuman como linguas oficiais as dos Estados.

No que atinxe á OTAN, salientou que no Tratado se establece que “a OTAN é o fundamento para a defensa colectiva dos seus Estados membros e a instancia apropiada para concretala o que condena a Europa a una papel subalterno”.

O SENADO APROBA UNHA MOCIÓN DO BNG SOLICITANDO AO GOBERNO QUE NON SUPRIMA A TARIFA NOCTURNA

A iniciativa de Xosé Manuel Pérez Bouza foi apoiada por todos os grupos políticos, agás o PSOE
A Comisión de Industria do Senado aprobou esta mañá unha moción do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza pola que se lle demanda ao Goberno que non suprima a tarifa eléctrica nocturna “debido á negativa repercusión económica que tería sobre os consumidores”.

A moción do BNG foi apoiada por todos os grupos da Cámara Alta (PP, CiU, PNV, Entesa Catalana e Mixto) e só contou co voto en contra do PSOE.

En concreto, a moción do BNG aprobada hoxe insta ao Goberno a que “derrogue a nova modalidade tarifaria de discriminación horaria e reimplante a tarifa eléctrica nocturna, de forma as economías domésticas non sufran unha suba desproporcionada na tarifa eléctrica”:
“Non é de recibo pretender aplicar neste momento un cambio de tarifa que sería lesivo para as economías domésticas”

Pérez Bouza subliñou que “o Goberno ten que ter en conta que o contexto económico actual de crise non é o máis idóneo para proceder a realizar cambios normativos que, indirectamente, supoñan un incremento da tarifa eléctrica inasumíbel e lesivo para as economías domésticas”, xa que poderían incrementar o recibo da luz entre un 20 e un 70%.

Ademais, advertiu de que “a supresión da tarifa eléctrica nocturna prexudicaría gravemente a máis dun millón de familias que están subscritas a este contrato en todo o Estado, dos que unha boa parte (160.000 fogares) en Galiza ”.

Neste sentido, alertou de que a maioría destes abonados á tarifa nocturna “non poderían aboarse á tarifa social que propón como alternativa o Ministerio, xa que terían que contratar unha potencia superior ao umbral máximo que plantexa o goberno (3 kw)”.

Por último, o senador do BNG agradeceu o apoio das restantes forzas políticas e lamentou que o PSOE votase en contra dunha iniciativa “que só persegue que as reformas que se fagan no recibo da luz non prexudiquen aos sectores sociais máis necesitados de axuda”.

FESTIGAL 08


O Festigal consolídase coa súa sétima edición, que terá lugar os días 24 e 25 de Xullo, coincidindo co Día da Patria Galega e tamén festivo local na capital, Santiago de Compostela.

Está concebido como un escaparate cultural, onde a cultura galega e a internacional (tradicionalmente cunha especial atención aos países da lusofonía), manteñen un frutífero diálogo. Vai máis alá dun simple festival de música, xa que conta con charlas, mesas redondas e presentacións de libros -galería das ideas-, actuacións de maxia, tendas de artesanía, de libros, estreos audiovisuais...

O programa musical aposta polos autores e grupos internacionais, así como polos grupos galegos. Outras novidades salientábeis son a presenza, por primeira vez dunha galería dedicada á cultura tradicional galega e a emisión en directo por parte da emisora Radiofusión do Festigal.

En base aos anos anteriores, está previsto que pasen 20.000 persoas ao longo dos dous días que dura o Festigal. Na organización participarán 200 persoas, contando os voluntarios. O Festigal contará con 40 postos de artesanía e tendas, 6 exposicións e 15 postos de xantar e bares.

AVANZO PROGRAMA MUSICAL
En continuidade cos criterios de programación de anos anteriores combinarase a presenza preferente de músicos galegos con doutras procedencias caracterizados pola innovación das súas creacións.


XOVES 24

O concerto do 24 vai preferentemente dirixido á xente máis nova e contará con 4 actuacións:

· Nao (Galiza)





VENRES 25

O día 25 programarase outro concerto con 4 actuacións para un público máis familiar e diverso.


· Quempallou. (Galiza)




Así mesmo, os días 24 e 25 pola tarde haberá Café Concerto con actuacións de jazz, humor, música tradicional e semellantes.

ACTO PUBLICO EN PANTON


Informámosvos do acto público,que se celebrará en Pantón este venres, 6 de xuño ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Pantón.

Intervirán na mesma:

- Suso Alvarez, Portavoz Municipal do BNG no Concello de Pantón.
- Tereixa Paz, Vicepresidenta 1ª do Parlamento de Galiza.
- Emilio López, Delegado Provincial de Lugo de Medio Rural

TI QUE OPINAS?

NO BNG DO SAVIÑAO TÉMOLO CLARO, E POR ESO, CANDO NOS ENTERAMOS DAS INTENCIÓNS DA EQUIPA DE GOBERNO DE POÑER UNHA CARPA NA PRAZA DE ESPAÑA DE ESCAIRON PRESENTAMOS UNHA MOCION PARA EXPRESAR A NOSA OPOSICIÓN.

· ESTA OCURRENCIA DO PP VAI SUPOÑER OUTRA AGRESIÓN MÁIS AO ENTORNO DA DEVESA.

· NON CONSIDERAMOS NECESARIO TAL UTENSILIO, XA QUE TEMOS ESPAZOS EN ESCAIRÓN COMO O PAVILLÓN OU A PISTA CUBERTA DO COLEXIO QUE SIRVEN PARA FACER CALQUERA DOS ACTOS QUE SE TEÑAN PENSADO FACER NA CARPA

· ESTE GASTO, AO REDOR DE 59.000€, PODERÍA TER MAIORES RENDEMENTOS NOUTRAS INFRAESTRUCTURAS MAIS NECESARIAS, POR EXEMPLO NA GARDERÍA OU NO CENTRO DE DÍA.

A CONTRACORRENTE


Resulta abafante e sintomático o empeño informativo e dos economistas académicos oficiais en manter a sociedade galega na ignorancia e/ou manipulación a respecto dun tema tan crucial como o financiamento da comunidade autónoma. Preténdese xustificar que o mellor dos mundos posíbeis para Galiza é o da actual dependencia e subordinación respecto do Estado Español. A ideoloxía da españolidade e da unidade de España inspiran as manipulacións académicas e o correlato divulgador informativo. Axitan sempre a bandeira dunha suposta “solidariedade” do estado con Galiza, que se manifestaría empiricamente nos resultados da aplicación do sistema de financiamento vixente. Tinxen o seu discurso analítico, de pretensións progresistas, con dados parciais, ocultacións sonoras e conclusións predeterminadas. Unha delas, a fundamental, que somos incapaces por nós mesmos. Só a unidade de España nos garante o noso actual estado de benestar.


Porén, nin o Ministerio de Economía e Facenda nin o Sr. Solbes se atreven a tanto, se teñen que confrontarse directamente cos razoamentos, fundamentados nos propios dados da liquidación do sistema de financiamento que se fai cada dous anos, en concreto o último en maio de 2008 sobre o 2006. Tiven a ocasión de comprobar como a resposta do Sr. Solbes a un meu posicionamento claro a este respecto foi: “No por Dios, no se puede decir que Galicia viva gracias a España”. Nin siquer nas publicacións oficiais últimas do Ministerio de Economía e Facenda se afirma que a aplicación do sistema de financiamento actual provoque solidariedade e nivelación. Foi o nacionalismo en solitario, especialmente grazas aos traballos do economista Xosé Díaz Díaz, quen se atreveu a replicar demostrando a ignorancia, a ocultación e a manipulación que subxacen nos discursos do academicismo sustentador as proclamas axitativas das dereita e esquerda española na Galiza. Son uns auténticos vendedores de propaganda.


O debate na Galiza adiantou en clareza grazas a que tiveron que confrontarse con informacións que nunca ofreceron os que tiñan capacidade e medios para facelo. Felizmente agora sabemos que a carga tributaria soportada polos galegos, como consecuencia do sistema fiscal español, chegou en 2006 á cantidade de 9.041 millóns de euros polos impostos integrados no sistema de financiamento, máis outros 2.584 millóns de euros por impostos non integrados no sistema de financiamento. En total, a cantidade de 11.625 millóns de euros. Unha cantidade que está moi enriba dos 7.592 millóns de euros que lle foron entregados por Galiza na liquidación de 2006 para facer fronte aos gastos por competencias transferidas (Ensino, Sanidade, Benestar Social, fundamentalmente).


A posición do españolismo foi contumaz, perseverante. Visto que a propaganda manipuladora sobre o sistema de financiamento era desvendábel e rigorosamente atacábel, apareceron as Balanzas Fiscais. Máis barullo e complexidade cos dados e co método de análise. Pero tamén aquí as teses conclusivas, na mesma dirección de incapacitar a Galiza para que non acrediten en que vive do seu esforzo, estaban premeditadas antes de elaborar as análises. Novamente hai un clarificador traballo de Xosé Díaz Díaz, denominado “Miseria da Solidariedade”, de próxima aparición en Terra e Tempo, que demostra como unha cousa son os gastos que se nos imputan e outra moi diferente os realmente realizados. O método utilizado para elaborar as Balanzas Fiscais pola Fundación do BBVA para o período 1991-2005, publicadas no ano 2007, representan o exemplo prototípico dunha tese predeterminada. Tan predeterminada que deben saber que, por de pronto, para acadar o resultado oportuno, se nos imputan, en nome dun denominado principio de beneficio, gastos localizados en Madrid como os gastos xerais das administracións públicas, defensa, orde e seguranza pública, ou de organismos como Holding Olímpico, Centro de Arte Reina Sofía, Museo Nacional del Prado, Fundación Thynssen Bornemisza, Fundación Museo Sorolla, Fundación Teatro Lírico... O que se fai para reivindicar a españolidade e anular a capacidade real de Galiza!!!!. Auténtico terrorismo científico, como di Xosé Díaz Díaz.

O PSOE OPONSE Á DEMANDA DO BNG DE REVISAR OS ACORDOS COA IGREXA CATÓLICA "POR RAZÓNS DE OPORTUNIDADE POLÍTICA"

O PSOE opúxose esta tarde no Pleno á proposición non de lei do BNG que solicitaba a revisión dos Acordos subscritos entre o Estado español e a Santa Sede en 1979 para “adecualos ao carácter aconfesional do Estado español”. O portavoz socialista, Señor Quijano, afirmou que “non somos partidarios de abordar a revisión destes Acordos deste forma e neste momento”. Ademáis engadiu que “as razóns principais da nosa posición teñen que ver coa oportunidade e a lóxica política”. A proposición non de lei do BNG ficou rexeitada na votación.
A laicidade, asignatura pendente no Estado español
Na súa intervención perante a sesión plenaria, Jorquera manifestou que “unha das grandes asignaturas pendentes da democracia española é facer efectiva a laicidade do Estado, o seu carácter aconfesional e neutral en materia de crenzas”. Para o parlamentar nacionalista é un tema que non se debe demorar máis despois “dunha lexislatura pasada marcada pola intromisión sistemática da xerarquía eclesiástica católica no debate político”.
O deputado do BNG preguntouse se é lóxico que sigan inalterados uns acordos de hai trinta anos, e que aseguran o financiamento público da Igrexa, e tamén reprochou o feito de que exista un marco Estado-Igrexa católica privilexiado “distinto aos das outras confesións, sendo vinculante para o Estado e coa blindaxe duns Acordos Internacionais”. Amosou o respecto dos nacionalistas galegos a todas as crenzas e confesións relixiosas, “entre elas a católica á que pertencen moitos dos nosos militantes”.
Non á educación relixiosa no ensino público
Criticou o feito de que nun Estado democrático e aconfesional a Igrexa católica “siga gozando de privilexios e de ámbitos de decisión alleos ao control estatal, incluso cando ten encomendadas labores en servizos públicos como é o da educación relixiosa”. Aproveitou para deixar claro que o BNG considera que un sistema público debe educar no coñecemento das diferentes crenzas. “A transmisión dun sistema de crenzas non debe estar incluida na oferta obrigatoria do ensino público, debe impartirse fóra dos centros ou no seu caso fóra das horas lectivas”.
Aludiu ao caso do profesorado de relixión. “Non é de recibo que a Igrexa controle o ensino relixioso e aos profesores pero é o Estado quen asume plenamente o seu custe económico e a responsabilidade do seu nomeamento e cese”. Sinalou que isto “da lugar a todo tipo de arbitrariedades e a conculcación dos dereitos contemplados no Estatuto dos Traballadores”.
Concúlcase o principio de igualdade
Francisco Jorquera puxo de relieve a dificuldade de conciliar o principio de igualdade co feito de que a Igrexa se financie con fondos públicos. De igual xeito, “é igualdade que os contribuíntes que decidan marcar a casilla no IRPF destinada á Igrexa católica, detraigan cantidades do fondo común, polo tanto, teñen que facer un menor esforzo fiscal para custear os servizos de todos?”.
Finalmente, mencionou o traballo do profesor Dionisio Llamazares sobre os Acordos do Estado español coa Santa Sede cuxa leitura recomendou especialmente aos deputados do grupo socialista porque precisamente se pode baixar da páxina web do Partido Socialista. Subliñou que o BNG pretende coa súa iniciativa “perfilar o carácter laico do Estado separando o público do privado”, o que debería recibir o respaldo do PSOE.

O PSOE REXEITA NO SENADO UNHA EMENDA DO BNG PARA QUE O GOBERNO REDUZA ESTE ANO A CARGA FISCAL PARA O VACÚN DE LEITE

O Pleno do Senado rexeitou hoxe, cos votos do PSOE, unha emenda do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, na que se pedía que o Goberno reducise a carga fiscal para o sector de vacún de leite, ao igual que xa fixo co resto de sectores agrogandeiros.

A emenda do BNG, presentada a unha moción do Grupo Popular sobre a adopción de medidas en relación coa suba xeneralizada dos prezos dos alimentos básicos, instaba ao Goberno a “estender ao sector de vacún de leite a redución dos índices de rendemento neto para o período impositivo 2007, medidas que deben manterse para o exercicio 2008, dado que a situación de suba dos custos de produción para o sector agrogandeiro, lonxe de mellorar, están a empeorar”.

“Incomprensíbel que o Goberno deixe fóra das reducións fiscais ao vacún de leite”
Neste sentido, Xosé Manuel Pérez Bouza cualificou durante a súa intervención de “incomprensíbel que o Goberno deixara ao vacún de leite fóra da Orde do 30 de abril pola que se reducen para o período impositivo 2007 os índices de rendemento neto aplicábeis polo método de estimación obxectiva do IRPF para as actividades agrícolas e gandeiras”.

Bouza subliñou que “precisamente é o sector lácteo o que soporta a maior carga impositiva, cun índice do 0,42, e un dos que máis está a sufrir o fortísimo incremento dos custos de produción”, con subas no último ano de máis do 30% no prezo do gasóleo agrícola, do 45% nos fertilizantes ou por enriba do 30% nos cereais para pensos.

Ademais, advertiu do impacto moi positivo que tería en Galiza esta medida, onde se concentran máis do 50% das explotacións lácteas do Estado.

A representante do PSOE xustificou a súa oposición alegando que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño xa dispón dun plan de apoio específico para o sector lácteo.
“Os gandeiros o que queren é solucións concretas, como esta, que lle resolvan a difícil situación económica que están a padecer e eviten o peche de explotacións, non de grandes plans que se está a demostrar que non funcionan”, retrucoulle o senador do BNG.

Por último, Xosé Manuel Pérez Bouza adiantou que o BNG volverá a presentar estas emendas como moción en comisión “dado que son medidas urxentes que se deberían aplicar na Declaración da Renda deste ano”.