O BNG solicita melloras na limpeza e plantacións de árbores no Parque Infantil do entorno da Devesa de Escairón


A asamblea local do BNG do Saviñao ven de rexistrar unha moción no Concello na que se pide a limpeza periódica das instalacións dos parques municipais, así como o rastrillado e peneirado da area que rodea o parque municipal do entorno da Devesa para eliminar os cristais e outros obxetos dañinos.

 Tamén se solicita nesta moción que se planten algunhas árbores no entorno deste parque para que produzan sombra, xa que este parque é utilizado diariamente polo alumnado da Escola Infantil Municipal e carece de ningunha zona con sombra.
 
O BNG do Saviñao, solicitalle ao Concello que se integren as dinámicas de limpeza e mantemento dos parques infantís dentro das dinámicas de traballo dos servizos municipais.

Asamblea Comarcal do BNG

O pasado día 24 de maio, o BNG  de Lugo Sul celebrou unha asamblea comarcal que contou coa presenza do Portavoz Nacional do BNG Guillerme Vázquez, e con Francisco Garcia, alcalde de Allariz e membro da Executiva Nacional do BNG



A Executiva Nacional do BNG e o Portavoz están a celebrar encontros  coas distintas Asemblea Comarcais do BNG co fin manter un contacto  directo coa militancia e analizar a  situación política e económica do  País.
Na Asemblea Comarcal  abordouse o punto da orden do día sobre  a  análise da situación política e os retos e desafíos que o Bloque ten  por diante na actual conxuntura política, caracterizada  pola brutal  política de recorte nos dereitos sociais das galegas e dos galegos que  exerce o Partido Popular.