Pontón: “Feijóo encarna a versión moderna de Atila, pero será derrotado”
Ana Pontón exhibe no Parlamento un exemplar do Atila en Galiza de Castelo e denuncia que as políticas de Feijóo condenan a Galiza a ser un país sen futuro
A viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón principio hoxe a súa intervención no Debate do Estado da Nación exhibindo na Cámara galega un exemplar do Atila en Galiza, o Segundo dos albumes de Guerra no que Castelao denunciaba a terrible represión que o “feixismo” estaba a provocar en Galiza.
Para a parlamentaria, “Feijóo encarna a versión moderna de Atila, pero será derrotado” porque a cidadanía galega, dixo, xa non atura máis as “mentiras” nin as políticas de sufrimento.
Ana Pontón criticou a “falta de exemplaridade política” do mandatario galego por manter no seu goberno ao Delgado de Ourense acusado de malversación de fondos públicos e ocultar os contratos co narcotraficante Marcial Dorado ou as empresas da Trama Gürtel.
A proposta estrela de Feijóo para rebaixar o IRPF “unha fraude”
A nacionalista tamén puxo en evidencia “a fraude” que supón a proposta “estrela” de Feijóo de rebaixar o IRPF para as rendas máis baixas.”Como moito deducirán 63 euros anuais máis se esquece de dicir que as rendas baixas seguen tributando máis que antes da chegada do PP ao Goberno”.
Unha medida real propuxo Pontón, sería “subirlle os impostos as rendas altas”, porque é tremendamente regresivo “subir o imposto á gasolina que pagarán por igual todos os galegos e galegas con independencia de que sexa un parado ou Amancio Ortega”.
O BNG presenta alternativas as políticas regresivas do PP
Hai alternativas, dixo, e citou como exemplo aos alcaldes do BNG que poñen ao lado dos doentes crónicos ante a “inhumana medida do copago”. “Porqué non o fai a Xunta Sr.Feijóo” interpelou Pontón.Non lles preocupa que poida haber miles de persoas que non van poder pagar os tratamentos médicos?.
Galiza non é un País pobre, senón empobrecida polas políticas “austericidas” do Partido popular que están a ter como consecuencia que “os ricos sexan máis ricos e os pobres aínda máis pobres. “Por iso, Galiza precisa ter capacidade para decidir, Soberanía real fronte ao espolio” porque a nosa “irrelevancia política está a ser mortal para o noso país”, conclúiu.
Intervención integra da viceportavoz Ana Pontón Mondelo no Debate do Estado da Nación Parlamento galego ,17-Outubro-2013
O BNG presenta 100 propostas contra o empobrecemento e o paro
O BNG salta a restrición de 50 propostas de resolución e presenta 100 porque “Galiza ten máis de 50 problemas”
A viceportavoz do Grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón presentou hoxe ante os medios de comunicación as 50 propostas de resolución esixidas no novo formato do Debate do Estado da Nación á que sumou outras cincuenta porque “Galiza ten máis de 50 problemas”.
A deputada afirmou que Feijóo ofrece un “pacto de silencio” cando se refire ao dialogo e o BNG “non vai calar” ante os problemas reais de Galiza, de aí que presente 50 alternativas máis a pesar da limitación na presentación de propostas.
Alternativas para frear o espolio galego, loitar contra o paro e defender os servizos públicos
A nacionalista anunciou as propostas de resolución do BNG que enmarcou en tres eixos básicos: “frear o espolio de Galiza, loitar contra o paro e emigración xuvenil e a defensa dos servizos públicos”.
As alternativas do BNG contrastan co discurso do Presidente da Xunta de Galiza, dixo, un presidente que “esqueceu o sufrimento de milleiros de galegos e galegas, non recoñeceu os seus erros e segue sen mostrar disposición a mudar de política”.
Pontón considerou “unha medida insuficiente” a proposta de rebaixar o IRPF nas rendas máis baixas realizada onte por Feijóo no Debate do Estado da Nación e explicou que despois de facer os cálculos, a “medida estrela” do Presidente da Xunta representará un impacto real entre os 25 e os 63 euros anuais.
Para a deputada, Núñez Feijóo pretende con este anuncio tapar outras medidas regresivas como o novo céntimo sanitario e a suba do combustible, co agravante de que serán impostos que pagarán igualmente unha persoa en paro ou Amancio Ortega. Fronte a isto, o BNG defende unha reforma fiscal xusta cambiando o modelo de financiamento para contar con máis recursos.
Avogamos, manifestou por unha reforma fiscal que “grave ás rendas máis altas, crear un imposto sobre as grandes superficies comerciais e empresas pola contaminación do medio ambiente”.
Asemade, o BNG proporá “a autonomía fiscal plena” e que as empresas tributen en Galiza e non en Madrid o que suporían “1.000 millóns de euros para as arcas públicas galegas”.
O BNG reclama parar a venda de Novagalicia Banco e crear unha tarifa eléctrica galega
Pontón tamén aludiu a outras propostas entre as que destacou: a paralización da venda de Novagalicia Banco, a creación dunha tarifa eléctrica galega , unha quita ás hipotecas e a defensa do idioma galego coa “inmediata retirada” do decreto.
A loita contra o paro e a emigración xuvenil obriga a aproveitar a capacidade produtiva galega a través de iniciativas de apoio ao agro, pesca sector naval e eólico ao que sumou máis investimento en I+D+i.
A nacionalista apostou polo “emprego de calidade” e medidas de política social que conleven a eliminación do “repago d@s enferm@s crónicos”, loitar contra a pobreza creando unha “renda de garantía social” para poder vivir dignamente, protección dos desafiuzad@s e reducir o 50% dos gastos da Cidade da Cultura para destinalos ao sector do libro e ás artes escénicas.
Finalmente volveu reclamar a entrega da documentación solicitada sobre Marcial Dorado e da trama Gürtell así como unha reforma electoral e do regulamento do Parlamento co obxecto de convertelo en “máis democrático e áxil” e con maior capacidade para dar resposta aos problemas de Galiza.
Consulta aguí as 100 propostas do BNG
POLO EMPREGO! POLO FUTURO! POR GALIZA!
Manifestación nacional convocada pola CIG. Sábado 19, ás 12h., desde a Alameda de Santiago de Compostela
Marcha polo emprego desde o Pazo de Sober ate o Hospital Comarcal de Monforte
A CIG, dentro da campaña polo emprego que está a desenvolver, ten programadas marchas a pé por todas as comarcas durante a semana do 14 ao 19 de outubro, para dar a coñecer a iniciativa da central sindical e pór no centro do debate social e institucional o grave problema do desemprego e as medidas que se deberían adoptar para afrontalo.
Ademais, nesta semana previa estanse a realizar repartos na rúa, nos centros de traballo e nas oficinas do Inem, así como outro tipo de accións polos barrios, para informar das propostas e mobilizacións da CIG. A primeira fase da campaña concluirá o sábado 19 de outubro cunha manifestación nacional, que sairá ás 12:00 horas da Alameda compostelá.
Na nosa comarca a marcha será mañá mércores 16 de outubro ás 10:30 horas dende o Pazo de Sober (Sober) até o Hospital comarcal de Monforte.
A CIG presentou unha campaña que se desenvolverá nos vindeiros meses, coa que se pretende pór o problema do desemprego nun primeiro plano. A campaña contempla a celebración de asembleas en todas as comarcas, mobilizacións en todo o país e a presentación dunha ILP para promover o debate, no Parlamento, da proposta elaborada pola central sindical, na que se recollen “100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza”.
Ademais, nesta semana previa estanse a realizar repartos na rúa, nos centros de traballo e nas oficinas do Inem, así como outro tipo de accións polos barrios, para informar das propostas e mobilizacións da CIG. A primeira fase da campaña concluirá o sábado 19 de outubro cunha manifestación nacional, que sairá ás 12:00 horas da Alameda compostelá.
Na nosa comarca a marcha será mañá mércores 16 de outubro ás 10:30 horas dende o Pazo de Sober (Sober) até o Hospital comarcal de Monforte.
A CIG presentou unha campaña que se desenvolverá nos vindeiros meses, coa que se pretende pór o problema do desemprego nun primeiro plano. A campaña contempla a celebración de asembleas en todas as comarcas, mobilizacións en todo o país e a presentación dunha ILP para promover o debate, no Parlamento, da proposta elaborada pola central sindical, na que se recollen “100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza”.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE para o 24 de outubro e manifestacións para ese día ás 11:30 horas
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE para o 24 de outubro en todo sistema educativa galego. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fai un chamamento a secundar a folga e participar de xeito masivo nas mobilizacións que se van realizar ese día ás 11:30 horas da mañá nas sete cidades, na Mariña, Cee, Carballo, Lalín e Vilagarcía.
Ademais da Marcha a Santiago contra a LOMCE -prevista do sábado 28 de outubro- a Plataforma Galega fixo público un novo calendario de mobilizacións que inclúe a realización dunha acción o 16 de outubro diante da Consellaría de Educación, promover unha manifesto da cultura galega contra a LOMCE e reeditar o formato de actos comarcais con música e letras contra a LOMCE en todo o país o 13 de novembro.
Ademais da Marcha a Santiago contra a LOMCE -prevista do sábado 28 de outubro- a Plataforma Galega fixo público un novo calendario de mobilizacións que inclúe a realización dunha acción o 16 de outubro diante da Consellaría de Educación, promover unha manifesto da cultura galega contra a LOMCE e reeditar o formato de actos comarcais con música e letras contra a LOMCE en todo o país o 13 de novembro.
A reforma local do PP: menos servizos, menos benestar e menos democracia
O BNG pon en marcha unha campaña informativa por todo o país para explicar ao conxunto da sociedade galega as consecuencias da reforma local do PP, que vai supor a perda de servizos públicos e sociais que a día de hoxe están a recibir dos concellos. A reforma supón recortar servizos, privatizar os que queden e invadir competencias dos municipios en beneficio das deputacións.
Baixo o lema Reforma dos concellos, ruína da cidadanía, e coa presenza dunha ampla delegación de alcaldes e alcaldesas do Bloque, o portavoz nacional, Xavier Vence, presentou o que definiu como unha campaña “ampla e incisiva” para concienciar a cidadanía de como a reforma afectará a súa calidade de vida.
A reforma local é un paso máis, dixo Vence, na “estratexia xeral” de recortes que está a aplicar o PP na sanidade, na educación ou na dependencia. Neste caso, co agravante de que se invaden competencias directas dos concellos a favor das deputacións, “pese a que os primeiros son a administración máis próxima e ten un coñecemento claro dos problemas dos veciños e das veciñas, todo o contrario do que sucede coas deputacións”, argumentou.
Estamos ante unha reforma lexislativa que implica “redución de servizos públicos á cidadanía, redución do benestar e redución da democracia, xa que resta competencias aos concellos elixidos pola cidadanía para recentralizar esas competencias nas deputacións, que non son de elección directa”, advertiu Vence.
Entre os servizos afectados: asistencia social a domicilio así como as prestacións que dependen dos traballdor@s sociais dos concellos, centros de día, políticas de dinamización de emprego, escolas infantís, comedores escolares ou as prestacións deportivas e culturais.
Privatización
Laminar os concellos quitándolle servizos para concentralos nas deputacións como paso previo a súa privatización, avanzou o portavoz nacional. “Estes servizos que agora prestan os concellos serán ofertados en macro-contratos desde as deputacións en beneficio de grandes empresas de servizos madrileñas que optarán a eses suculentos paquetes sen preocuparlles as necesidades reais, nin as particularidades dos veciños e das veciñas de cada concello”.
Laminar os concellos quitándolle servizos para concentralos nas deputacións como paso previo a súa privatización, avanzou o portavoz nacional. “Estes servizos que agora prestan os concellos serán ofertados en macro-contratos desde as deputacións en beneficio de grandes empresas de servizos madrileñas que optarán a eses suculentos paquetes sen preocuparlles as necesidades reais, nin as particularidades dos veciños e das veciñas de cada concello”.
Os efectos deste cambio, “serán especialmente desastrosos para os municipios pequenos do medio rural”, indicou.
“O efecto desta reforma muda para peor a prestación de servizos públicos que a cidadanía recibe dos concellos e debe ter unha resposta contundente por parte do conxunto da sociedade galega, por iso poñemos en marcha esta campaña que se impulsará desde os concellos gobernados polo BNG, pero esperamos que se fagan eco todos os concellos do país porque afectará a todos”.
A campaña, coordinada desde a secretaria de Política Municipal por Goretti Sanmartín, despregarase por todo o país durante as vindeiras semanas, tendo en conta que as previsións do PP pasan por aprobar a reforma antes de fin de ano, con charlas explicativas, actos simbólicos e distribución de miles de folletos informativos.
A presentación contou coa presenza dunha ampla representación de gobernos locais do BNG: alcalde Allariz, Francisco García, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez, de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, de Carballo, Evencio Ferrerio, de Poio, Luciano Sobral, de Zas, Manuel Muíños, de Rianxo, Adolfo Muíños, Rafael Pérez, da Mezquita, Xosé Luis García, de Arzúa, Ramón Noceda, de Carnota, Manuel Adán de Santiso, Secundino García Casal de San Sadurniño e o Xusto Fernández, portavoz municipal de Mondoñedo.
O alcalde de Riotorto fai un chamamento social para frear a “inhumana” medida do copago do PP
Dentro da estratexia de insubmisión do BNG contra ás medidas de recorte do PP, o alcalde de Riotorto toma de novo a iniciativa e fai un chamamento social para frear a “inhumana” medida de copago dos medicamentos hospitalarios aprobada polo Goberno central e asumida pola Xunta de Feijóo.
O nacionalista Federico Xosé Gutiérrez Estoa diríxirse por carta aos colectivos sociais, aos colexios profesionais, as plataformas en defensa da sanidade, aos representantes institucionais, ao movemento veciñal, aos sindicatos, ás organizacións profesionais, as asociacións de doentes e en definitiva ao conxunto do tecido social, para organizar en réxime de autocovocatoria unha xuntanza que se celebrará o sábado 26 ás 11:00 h na Casa da Cultura do Concello de Riotorto.
No escrito feito público polo propio rexedor deixa claro o obxectivo: facer unha fronte do conxunto da sociedade galega para derogar a orde que fixa o copago para determinadas doenzas crónicas ou, no seu defecto, paralizar a súa aplicación en Galiza.
Estoa, o primeiro alcalde que manifestou que no caso de que esta medida fose adiante o seu Concello asumiría o copago ao que tivesen que facer fronte os seus veciños volveu falar alta e claro:
“Non teño dúbida algunha que a grande a maioría da sociedade, isto é esa grande maioría de xentes de ben, non podemos dar por bo unha proposta que deixa fora do dereito a saúde a homes e mulleres en función do seu poder adquisitivo. Pero hai máis, porque tamén esa grande maioría de xentes de ben, temos unha responsabilidade coa nosa sociedade de hoxe e coa sociedade que lle imos deixar en herdanza aos nosos fillos”, alega Estoa.
En definitiva, asegura o alcalde, “tócanos a nós dar esa grande batalla social que garanta que a sanidade en Galiza vai seguir a ser algo universal e gratuíto. Non hai posibilidade de mellorar o presente, de dotar ao noso pobo duns estándares mínimos de calidade de vida se non somos quen de enfrontar a axenda da Xunta que é a mesma que ao do capital. É máis, esta decisión non se xustifica mesmo desde a perspectiva do aforro para os orzamentos públicos, algo que recoñeceu o presidente da Xunta, o problema está en que o presidente da Xunta está nunha cruzada contra a sanidade pública e tanto lle ten o que lle poida acontecer a unha persoa que careza de medios económicos”.
O rexedor do BNG confía en que “a presión social” faga rectificar ao Goberno, e explica con exemplos concretos os efectos da medida do copago para @s doentes afectad@os:
“A decisión do goberno significa cruzar todas as liñas vermellas, xa que pretenden cobrar por medicamentos como Afinitor o el Tyverb utilizados para retrasar o cancro de mama, o Votrient ou Temodal utilizados para o tratamento do cancro de riñón e os tumores cerebrais respectivamente, a máis doutras medicacións como LCM prescritos para a leucemia mieloide crónica, o tratamento de tumores malignos non resecabeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal (GIST), a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite c crónica”.
En definitiva , recalcou o alcalde de Riotorto, “estamos diante dun goberno sen alma que non coñece a palabra humanidade e que con decisións deste tipo non fai outra cousa que retratarse ou deixar claro que só goberna para os ricos”.
Neste sentido, Estoa lamentou especialmente as palabras do vicepresidente do Goberno galego ou do alcalde de Ferrol en canto tamén é presidente da FEGAMP, que consideraron unha “cuestión menor” prestar estes servizos aos cidadáns. “É unha canallada que demostra que carecen de corazón, sentimentos e humanidade”, declarou.
Estoa afirmou que as últimas decisións que ven de adoptar o Ministerio de Sanidade afecta a doenzas tan sensíbeis como o cancro de mama ou ril, os tumores cerebrais, a leucemia ou a SIDA e significa, de facto, “a ruptura con todas a liñas vermellas que garantían a universalidade da sanidade”.
O alcalde de Riotorto conclúe decindo que “só hai un camino”: Instar ao presidente da Xunta a que paralice a entrada en vigor da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiación de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega do usuario e, na mesma liña, demandar do Goberno do Estado a derogación da resolución recollida no BOE do 10 de setembro que establece a obrigatorieade da achega do usuario para as patoloxías e a carteira de medicamentos fixadas na referida resolución”.
Desemprego, corrupción, recorte de dereitos…Cal é a túa razón para manifestarte o 15-S?
Manifestación Por unha patria soberana, o domingo 15 de setembro ás 12.00 na Alameda de Santiago de Compostela.
O BNG chama a toda a militancia e ao conxunto da cidadanía a dar unha resposta social contundente convertendo a manifestación do 15 de setembro nun gran acto de protesta contra as políticas do PP que colocaron a Galiza ao borde do colapso.
Sobran as razóns para dicir “basta xa” ao desgoberno dun PP que non ten alternativa para o país e que goberna para os lobbies empresariais madrileños, os mesmos que o financian de xeito ilegal.
Desemprego, desigualdade, empobrecemento: A taxa de desemprego é do 23%, 50% se falamos de paro xuvenil, 92.000 familias teñen a todos os seus membros no paro e só no último ano Galiza perdeu 33.000 empregos, sen esquecer a sangría da emigración. Ao recorte das pensións, súmase agora a persecución fiscal de Facenda cos emigrantes retornados. Para o BNG a prioridade é combater a crise, porque medran as desigualdades, cada vez somos máis pobres e aumenta o risco de exclusión social, e para facelo con eficacia precisamos máis soberanía, dito de outro xeito, precisamos poder tomar as decisións que máis conveñan aos intereses do país e da xente do país.
Sectores produtivos están exhaustos, acosados polas limitacións e as regras de xogo impostas pola UE e polo Estado español, contrarias aos intereses do noso naval, do agro, do sector pesqueiro, enerxético e dos nosos recursos naturais, que o PP quere entregar ás multinacionais depredadoras. Con capacidade política real é posible darlle a volta a gobernar a favor dos nosos sectores produtivos.
Espolio financeiro: Galiza precisa unha banca pública que financie á nosa economía, aos emprendedores, as familias. O BNG propón converter NGB nesa banca galega, pero o PP aposta por consumar o espolio definitivo do aforro do país. Como explicarlle aos galegos que se regala NGB a gran banca española ou se malvende a un fondo especulativo tras tapar os buratos da entidade con 9.000 millóns de € aos que hai que sumar os 600 millóns estafados polas preferentes? Tamén para isto precisamos soberanía, para que non decida o FROB por nós, coa complicidade do PP.
Defensa dos servizos públicos: a crise como coartada ideolóxica para recortar a sanidade, a educación, o investimento en I+D+i, as prestacións sociais precisamente cando máis se necesitan. Consecuencias, suben as listas de espera, ponse contra as cordas a calidade sanitaria, suben as taxas universitarias e baixan as becas deixando fora aos fillos das familias con máis dificultades.
Corrupción e falta de democracia dun PP absolutamente deslexitimado, que cobra sobresoldos en negro e financiado ilegalmente por grandes empresas con sede en Madrid a cambio de colocar o BOE ao servizo dos seus intereses, mentres no Parlamento galego rexeitan dar explicacións sobre o espolio das caixas, a traxedia ferroviaria de Angrois ou agachan a documentación dos contratos con narcotraficantes convictos.
É preciso rebelarse, por necesidade e por dignidade, e facelo reclamando a soberanía de Galiza, porque non se trata dun capricho ideolóxico, senón da chave para saír da crise, para desenvolver o país, para conquistar a xustiza social e reconstruír a democracia. Sobran motivos para participar a manifestación do 15-S. Só tes que elixir cal é o teu.
O BNG rexeita a posíbel agresión imperialista contra Siria
A dirección do Bloque Nacionalista Galego, ante a posíbel e inminente agresión imperialista contra Siria, desexa transmitir a opinión pública as seguintes consideracións:
1. O BNG rexeita esta intervención militar e aposta pola vía pacífica e democrática para a resolución dos conflitos sempre no marco do respecto á soberanía dos pobos.
2. Máis unha vez asistimos á fabricación dunha mentira non probada para xustificar unha intervención militar, unha manipulación que nos lembra ao engano masivo á opinión pública internacional que se elaborou para o caso de Irak cunhas supostas armas de destrución masiva que nunca apareceron. Mentres tanto asistimos xa á perda de vidas humanas e a unha nova vaga de persoas refuxiadas, algo que non podemos máis que lamentar e sobre o que exiximos que se poña o foco desde o primeiro momento.
3. Para alén de ser reprobábel e inxustificábel, esta nova agresión imperialista é totalmente ilegal ao contravir o dereito internacional, non pasar polo Consello de Seguranza das Nacións Unidas nin ter o visto e prace de ningún organismo internacional. Supón, pois, unha actuación unilateral dos EEUU xunto con algúns socios da OTAN, que queren demostrar a súa supremacía e o seu poder para actuaren sen render contas a ninguén.
4. O BNG exixe que o Estado español non interveña, nin de maneira directa nin indirecta mediante subterfuxios, nesta operación militar que, de se producir, só demostra a incapacidade dalgúns gobernos e dirixentes políticos de aprender dos erros do pasado e pon de manifesto a falta de vontade para articular os mecanismos que fagan posíbel a resolución democrática dos conflitos e a convivencia desde o respecto á soberanía dos pobos.
5. Finalmente, o BNG fai un chamamento á cidadanía galega para, caso de se producir o ataque de xeito inminente, concentrarse nas vilas e cidades do noso país de maneira inmediata (arredor das 20:00 horas) para demostrar o seu rexeitamento desta agresión e berrar con forza NON Á GUERRA.
Acto en defensa dos emigrantes retornados
O BNG de Lugo Sur organiza en Monforte un acto informativo destinado a todas aquelas persoas afectadas e interesadas polos requirimentos que se están enviando dende a Axencia Tributaria Española aos emigrados e emigradas e que perciben pensións dende outros países.
Nestes requirimentos, a Axencia Tributaria Española, avisa de posíbeis sancións, mentres aos auténticos defraudadores fiscais concédeselles a amnistía dende o Goberno español. O BNG organiza esta asemblea informativa xa que as afectadas e afectados descoñecían estas obrigas tributarias. Consideramos que esta decisión é inxusta e o feito de impoñer sancións é inmoral por que afecta a un colectivo que percibe pensións baixas despois de traballar toda unha vida. Agora a Facenda do estado español obriga aos afectados e afectadas a facer unha declaración dos ingresos percibidos dende o ano 2008 e pagar a totalidade resultante nun prazo de 10 días.
Nós decidimos, nin a Igrexa nin a Red Madre vai decidir por nós
A deputada do BNG Carme Adán, defendeu unha proposición non de lei a prol do dereito das mulleres a decidiren sobre o seu propio corpo mentres o PP quixo recoñecer a aquelas persoas "que axudan ás mulleres a seguir co seu embarazo"
Carme Adán deixou claro esta cuarta feira cal era o cerne da súa intervención a través do lema que plasmou nunha camisola. "Nós decidimos" rezaba oslogan --berro de guerra en gaélico-- que a nacionalista abandeirou na Cámara galega. Adán, recolleu na súa interpelación o testemuño de Pilar García Negro --ex-parlamentar do BNG-- que "hai 23 anos", explicou Adán, "defendeu na Cámara" a modificación da Lei do aborto de 1985 "facéndose eco da voz de 9 organizacións" feministas.
A moción defendida pola nacionalista na sesión plenaria procuraba, como ela propia recoñeceu, que as bancadas do Partido Popular recoñecesen "que pensan realmente en relación ao dereito das mulleres" a decidiren sobre o seu corpo. Neste senso, a organización frontista exixiu o mantemento da lei 2/2010 de libre interrupción do embarazo, "que se garanta a súa aplicación en centros públicos", o cesamento da financiación pública a grupos relixiosos antiabortistas e a garantía de formación @s profesionais médic@s.
O PP, que rexeitou a proposta presentada polo Bloque Nacionalista Galego, acusou @s nacionalistas de defender posicións "anacrónicas" e "ideolóxicas" que non respectan o dereito á vida. Carme Adán retrucou as afirmacións da voceira popular asegurando que "as mulleres" defenderon e "coidaron" a vida ao longo da historia; "ninguén as pode acusar de asasinas" --sentenzou-- fronte "as guerras e os xenocidios" que son, dixo, "produto do patriarcado". As bancadas do PP ferveron en apupos á deputada do Bloque á que mesmo acusaron de "sexista".
O partido maioritario na Cámara recuncou na defensa do "estatuto ontolóxico do non nacido" e apelou á xurisprudencia do Tribunal Constitucional para apoiar o seu rexeitamento á lei de prazos da que din, non respondía "a unha demanda social". Mais o certo é que as institucións internacionais --a comezar polas Nacións Unidas-- chaman a garantir o dereito das mulleres a interromperen o seu embarazo en condicións de seguridade e evitar, asi, milleiros de mortes que acotío rematan coa vida daquelas mulleres que se someten a un aborto en condicións non seguras
Carme Adán lembrou á Cámara que a metade dos abortos practicados no mundo (arredor de 400 mil) son levados a cabo en condicións precarias, principalmente naqueles países onde a interrupción do embarazo está penalizada. De entre eles, o 17% remata coa morte da muller.
"Nin a Igrexa, nin o PP nin a Red Madre vai decidir por nós"
Desde o BNG denunciaron que a Xunta de Galiza financie con fondos públicos organizacións ultrarrelixiosas que promoven a derrogación da lei do aborto. Amosando unha imaxe tomada dos valos publicitarios contratados por estas asociacións, Carme Adán exixiu que "nun Estado aconfesional" deixe de se financiar "a grupos relixiosos" para que sexa "a Igrexa quen lexisle" sobre os corpos das mulleres.
Desde o BNG denunciaron que a Xunta de Galiza financie con fondos públicos organizacións ultrarrelixiosas que promoven a derrogación da lei do aborto. Amosando unha imaxe tomada dos valos publicitarios contratados por estas asociacións, Carme Adán exixiu que "nun Estado aconfesional" deixe de se financiar "a grupos relixiosos" para que sexa "a Igrexa quen lexisle" sobre os corpos das mulleres.
"Nós decidimos", sentenzou a nacionalista "nin a Igrexa nin a Red Madre van decidir por nós".
Tereixa Paz sobre a incorporación de moz@s á actividade agraria
O BNG critica a política do PP para a dinamización e diversificación económica no rural xa que non utilizan os recursos nin para apoiar a creación de emprego, nin a redan dos produtores nin a prestación de servizos.
Defensa do territorio: unha chamada urxente á sustentabilidade territorial, medio ambiental, social
Data: 11 maio 2013, 10.00-19.00 horas.
Lugar: Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela. Parque de Vista Alegre, Rúa Salvadas. Santiago de Compostela.
Organiza: BNG, Fundación Galiza Sempre e Os Verdes (Alianza Libre Europea)
Lugar: Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela. Parque de Vista Alegre, Rúa Salvadas. Santiago de Compostela.
Organiza: BNG, Fundación Galiza Sempre e Os Verdes (Alianza Libre Europea)
10.00: Inauguración
- Ana Miranda, Eurodeputada do BNG.
- Xesús Veiga, Presidente da Fundación Galiza Sempre.
- Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG.
- Xesús Veiga, Presidente da Fundación Galiza Sempre.
- Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG.
A TERRA
10.30-11.30: Conservación, xestión e protección dos Espazos Naturais e da Biodiversidade
Modera: Ana Pontón, Deputada responsable de medio ambiente do BNG no Parlamento galego
Modera: Ana Pontón, Deputada responsable de medio ambiente do BNG no Parlamento galego
Participantes:
- Daniel López Vispo, Profesor. Membro de Adega.
- Fins Eirexas, Responsable de enerxía e cambio climático de Adega.
- Alfredo López. Membro de CEMMA (Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños).
- Daniel López Vispo, Profesor. Membro de Adega.
- Fins Eirexas, Responsable de enerxía e cambio climático de Adega.
- Alfredo López. Membro de CEMMA (Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños).
Debate: Conclusión e propostas.
11.30-12.30: Desenvolvemento rural, política forestal, transxénicos
Modera: Tereixa Paz, Deputada do BNG, responsable de agricultura no Parlamento galego.
Modera: Tereixa Paz, Deputada do BNG, responsable de agricultura no Parlamento galego.
Participantes:
- Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
- Xurxo Álvarez, Presidente de Federación Rural Galega (FRUGA).
- Analía Moares Lameiro. Amigos da Terra Galicia. entidade integrada na Plataforma Galega Antitransxénicos.
- Colectivos Fragas do Eume.
- Miguel Méndez. Asociación Galega de Apicultura (AGA).
- Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
- Xurxo Álvarez, Presidente de Federación Rural Galega (FRUGA).
- Analía Moares Lameiro. Amigos da Terra Galicia. entidade integrada na Plataforma Galega Antitransxénicos.
- Colectivos Fragas do Eume.
- Miguel Méndez. Asociación Galega de Apicultura (AGA).
Debate: Conclusión e propostas
12.30-13.30: Problemática da minería en Galiza
Modera: Carme Adán, portavoz de Industria do BNG no Parlamento galego.
Modera: Carme Adán, portavoz de Industria do BNG no Parlamento galego.
Participantes:
- Anxo Calvo, director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galiza 2005-2009.
- Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, experta en dereito medioambiental.
- Pedro Alonso Iglesias, ecoloxista, biólogo, consultor medio ambiental.
- Francisco García Trigo, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.
- Anxo Calvo, director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galiza 2005-2009.
- Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, experta en dereito medioambiental.
- Pedro Alonso Iglesias, ecoloxista, biólogo, consultor medio ambiental.
- Francisco García Trigo, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.
Debate: Conclusión e propostas
13.30-14-30: Pausa para xantar
A AUGA
15.00-16.30: Saneamento integral do litoral mariño e dos ríos, xestión e protección das costas e espazos fluviais.
Modera: Ana Miranda, eurodeputada do BNG
Modera: Ana Miranda, eurodeputada do BNG
Participantes
- Luis Rodríguez, presidente Asoar-Armega de pesca artesanal e marisqueo.
- Serxio Regueira, Presidente da Plataforma Saneamento Ria de Vigo.
- Manuel Cao, Patrón Maior Confraría de A Coruña-Plataforma Saneamento da Ría do Burgo.
- Joam Luis Ferreiro Caramés, Biólogo da Confraría de Barallobre.
- Antón Masa. Plataforma Defensa Ría de Pontevedra.
- Luis Rodríguez, presidente Asoar-Armega de pesca artesanal e marisqueo.
- Serxio Regueira, Presidente da Plataforma Saneamento Ria de Vigo.
- Manuel Cao, Patrón Maior Confraría de A Coruña-Plataforma Saneamento da Ría do Burgo.
- Joam Luis Ferreiro Caramés, Biólogo da Confraría de Barallobre.
- Antón Masa. Plataforma Defensa Ría de Pontevedra.
Debate: Conclusión e propostas.
A XENTE
16.00-17.30: Xestión de residuos: situación actual, Iniciativa Lexislativa Popular, alternativas á incineración e outras experiencias de fóra de Galiza.
Modera: Mar Vila, membro da Executiva nacional do BNG.
Modera: Mar Vila, membro da Executiva nacional do BNG.
Participantes:
- Manuel Soto Castiñeiras, profesor de Enxeñería Química da Universidade da Coruña.
- Marta Domínguez, técnico de proceso do Complexo Medio ambiental de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Barbanza.
- Joan Marc Simon, director executivo de Zero Waste Europa.
- Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzcoa.
- Manuel Soto Castiñeiras, profesor de Enxeñería Química da Universidade da Coruña.
- Marta Domínguez, técnico de proceso do Complexo Medio ambiental de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Barbanza.
- Joan Marc Simon, director executivo de Zero Waste Europa.
- Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzcoa.
Debate: Conclusión e propostas.
17.30: Proxección do filme Trashed, producido por Jeremy Irons, que aborda o problema da xestión de residuos a nivel planetario.
19.30: Clausura da xornada
- Ruben Cela: Portavoz municipal do BNG en Santiago de Compostela. (pc)
- Tania Ameneiro: Coordinadora Técnica da Fundación Galiza Sempre
- Ruben Cela: Portavoz municipal do BNG en Santiago de Compostela. (pc)
- Tania Ameneiro: Coordinadora Técnica da Fundación Galiza Sempre
O PP oponse a unha inciativa do BNG para solucionar a situación d@s preferentistas
Francisco Jorquera instou aos populares a posicionarse, “a carón dos estafados ou dos estafadores”
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera defendeu hoxe na Comisión e Economía, a través dunha Proposición non de lei, modificar a lei para “eliminar os aspectos lesivos contra os aforradores”, petición que contou co apoio dos grupos do PSdG e AGE e foi rexeitada polo Partido popular.
Jorquera instou ao Goberno galego a asegurar con todos os seus instrumentos ao seu alcance, “a devolución da totalidade dos cartos estafados aos aforradores afectados polas participación preferentes e outros híbridos financeiros”.
O PP oponse a impugnar a lei que estafou aos aforradores
A esta petición, o deputado sumou “impugnar a lei 9/2012 de restruturación e resolución das entidades de crédito aprobadas polo Banco de España e a Comisión europea”
A iniciativa do BNG tamén solicitaba do Goberno galego “poñer a disposición d@s estafad@s toda a cobertura xurídica e política para a presentación de recursos contra o FROB e a vía de arbitraxe para todas aquelas persoas afectadas que o soliciten”.
O Goberno galego debe persoarse no proceso aberto pola Fiscalía e perseguir penalmente aos responsábeis desta estafa.
Volvemos por tanto, dixo, a suscitar a necesidade de dar unha “solución xusta” aos milleiros de estafados, despois de que a Comisión Rectora do FROB aprobara unha quita do 43% aos titulares de participacións preferentes de Novagalicia Banco, 41% ás obrigacións subordinadas perpétuas e 22% ás obrigacións subordinadas con vencemento, “ unha quita, dixo, que non conleva a integración do resto dos cartos porque serán canxeados por bonos das entidades e no proceso de recompra en accións”.
O deputado asegurou que este sistema provocará “unha nova quita aos estafados para recapitalizar a entidade que os estafou” e consuma a “legalización dun roubo” froito da negociación do Memorando de entendemento de Bruxelas na que Rajoy e De Guindos aceptaron que os pequenos aforradores tivesen que asumir unha importante parte das “débedas da banca”.
Jorquera reprobou que os deputados galegos do PP en Madrid votaran favorablemente a esta lei, que a Xunta non a recorrera e por último, que o PP “lavase a cara nesta comisión” votando en contra da quita, actitude que cualificou de “puro xogo de aparencias”.
Non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos galego!
Axúdanos a facer do próximo 17M unha xornada histórica
Difunde o cartaz da manifestación nacional pola lingua que sairá o 17M ás 12.00 h da Alameda de Santiago de Compostela
O vindeiro 17 de maio será unha data histórica. Faranse 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, obra coa que Rosalía de Castro ergueu unha bandeira, como ela mesma afirmou, da que hoxe menos que nunca debemos desertar.
Por iso todas e todos temos que facer o posíbel por converter esta xornada nun outro día memorábel de reivindicación da nosa lingua e da nosa dignidade, porque nós, igual que Rosalía, non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos Galego!
Podedes descargar os cartaces par lles dardes a máxima difusión nesta ligazón:
Non á LOMCE!!! 9 de maio FOLGA!
Secunda a folga e participa nas manifestacións e concentracións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
Organizacións estudantís, centrais sindicais mais tamén Asociacións de Nais e Pais chaman esta quinta feira a parar as aulas contra o anteproxecto de Lei de Mellora da Calidade do Ensino (LOMCE).
Convocad@s pola Plataforma galega en defensa do ensino público as aulas da Galiza están chamadas a ficaren baleiras contra unha reforma educativa que din "liquida a igualdade de oportunidades" e "expulsa do ensino" os sectores sociais "máis desfavorecidos" da sociedade.
Desde a Plataforma denuncian que o ministro de Educación, José Ignacio Wert, teime en aprobar un proxecto de lei "contrario" aos intereses do estudantado e do profesorado, rexeitamento que ficou en evidencia na folga estudantil decorrida o pasado 6 de febreiro.
Esta quinta feira, a comunidade educativa no seu conxunto exixirá, doutra volta "a retirada desta lei" e o dereito "a un ensino público galego, laico e democrático".
A Plataforma centra en 5 puntos as denuncias ao anteproxecto de lei
A Plataforma galega en defensa do ensino público desenvolveu ao longo das últimas semanas unha campaña informativa --mais tamén reivindicativa-- para amosar o seu rexeitamento á aprobación da coñecida como 'lei da Wertgoña'. Amais dos feches en centros de ensino por todo o país, múltiples asembleas informativas percorreron as aulas da Galiza para explicar as razóns polas que chaman a secundar a folga. A priori, o nome da lei serviu ás organizacións estudantís e sindicais para formular as súas denuncias.
- Lesiva: Desde a Plataforma denuncia que o anteproxecto de lei presentado polo goberno español pretende crear, mediante os programas de calidade e especialización curricular, "diferentes categorías de centros" favorecendo, con máis recursos e medios, "aqueles que mellor resultados acaden". Neste senso, profesor@s e alumn@s exixen que todos os centros conten cos recursos necesarios para que tod@s reciban unha formación de calidade.
- Opresora: a reforma reforza a confesionalidade no ensino e a pegada da relixión nocurrículo académico. Aliás, impón un sistema máis selectivo mediante itinerarios no ensino obrigatorio. Desde a Plataforma apuntan que esta moficación "condena prematuramente, o alumnado a optar a titulacións diferentes" e "condiciona de maneira temperá" o futuro académico e laboral do estudantado.
- Mercantilista: a reforma educativa elimina o Consello Escolar como órgano de goberno e traslada o sistema de xestión empresarial aos centros. Neste senso, a dirección será nomeada pola administración e gozará de maior capacidade para decidir a respeito daqueles asuntos até o momento xestionados polos propios centros, entre eles propor ou rexeitar o profesorado que sexa proposto pola administración.
- Clasista: o anteproxecto de lei deseñado polo executivo español fortalece o ensino privado-concertado a través da blindaxe dos concertos económicos con centros que mesmo segregan por razón de sexo. Desde a Plaraforma denuncian que malia as sentenzas xudiciais que declaran contrarios a dereito estes convenios, a Xunta de Galiza e o goberno español teimen en os renovar e mesmo ampliar.
- Españolizadora: é unha das criticas que centran o discurso daquel@s que exixen a súa retirada. Catalunya, Galiza e Euskal Herria denuncian que a reforma educativa incremente o control do Estado no currículo académico --malia descentralización competencia. Aliás, rexeitan que recolla a posibilidade de se financiar con diñeiro público unha escola privada para aquel alumnado que queira un ensino integramente en español. Desde as nacións do Estado critican a vontade uniformadora da norma que, mediante as reválidas, impón un modelo lingüístico "españolizador".
O goberno municipal do PP multiplicou por 2,6 a débeda do concello de O Saviñao nun ano
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
acaba de facer público os dados do endebedamento dos concellos a 31 de
decembro de 2012. Este informe deixa patente a nefasta xestión do Concello do Saviñao, que
pasou de ter unha débeda de 277.000€ a finais de 2011 a ter unha débeda de
735.000€ a finais de 2012. Isto supón que multiplicou a súa débeda 2,6 veces
nun ano.
Este despropósito de xestión municipal perpetrado polo
PP leva ao Concello camiño da ruína de seguires así. Non ten lóxica que despois
das políticas de subas de taxas que levou o equipo de goberno, tales como a do
IBI, ou a Taxa do Lixo, que lla cobran até aos pendellos que non producen
residuos, os recortes en alumeado público, etc e a falla de investimento, agás
de chapuzas nos baches que en catro días volven a estar abertos nas estradas, haxa este inxustificado
aumento da débeda pública do Concello.
Dende o BNG levamos tempo denunciando a opacidade do
concello nas súas accións e pedindo transparencia, cousa que nun goberno
democrático e non caciquil xa existiría, sen ter máis resposta que o silencio e
o continuo agochamento das súas accións.
Exiximos unha explicación por parte do Concello da
existencia desta débeda, así como a transparencia na xestión. Pedimos unha vez
máis a retiradas das dúas dedicacións exclusivas innecesarias creadas nesta
lexislatura cuxo único fin é pagar favores políticos cos cartos públicos.
Exiximos unha auditoría externa e independente que saque a luz a situación
económica real do Concello.
O Saviñao non
merece un goberno municipal como este, cuxo resultado é endebedamento, paro i
emigración.
A estafa das preferentes e participacións subordinadas
Desde xa hai uns meses, véñense desenvolvendo por toda a nación mobilizacións e protestas protagonizadas por xente estafada polas entidades bancarias a través de produtos lixo como as chamadas participacións preferentes e obrigas subordinadas. A maioría destes cidadáns e cidadás (máis de 60.000 só no noso país) eran pequenos aforradores que acabaron vendo como o diñeiro froito do seu traballo se vía inicialmente inmobilizado polas devanditas entidades bancarias (en Galiza, fundamentalmente as antigas Caixas de Aforro). E isto, coa anuencia dos diferentes gobernos de Madrid, que ampararon e consentiron estas prácticas bancarias sen dúbida fraudulentas.
Desde que o BNG tivo coñecemento desta situación, promoveu diferentes actuacións no plano político e institucional encamiñadas a mostrar o seu compromiso e solidariedade coas e cos nosos compatriotas estafados polos bancos, así como a demandar unha solución política para o conxunto dos afectados e afectadas polas preferentes e subordinadas. Así mesmo, demos o noso apoio como forza política ás diferentes plataformas de afectados e afectadas que se foron constituíndo polo país, facéndonos eco das súas lexítimas demandas e respaldando activamente as súas mobilizacións, se ben é certo que este apoio do BNG tivo desigual alcance en función dos diferentes territorios do país.
A día de hoxe, lonxe de solucionarse a problemática dos estafados e estafadas polas preferentes e subordinadas, esta agravouse aínda máis, por mor da decisión do Goberno de Mariano Rajoy de proceder a unha quita sobre os aforros das cidadás e cidadánsatrapados en participacións preferentes e obrigas subordinadas. Un auténtico roubo a estes pequenos aforradores e que en Galiza vai significar a expropiación duns 600 millóns de euros, que serán transferidos desde os petos dos cidadáns para esas mesmas entidades bancarias que os estafaron. Así é como entende o PP que se debe dar solución a unha estafa en toda regra como a das participacións preferentes e obrigas subordinadas.
Ante isto, é importante implicármonos activamente no apoio e solidariedade con milleiros e milleiros de cidadáns e cidadás estafados polas entidades bancarias e espoliados pola dereita neoliberal que goberna en Madrid e na Xunta de Galiza. Se os bancos e caixas son culpábeis, o Partido Popular é responsábel directo de roubar cartos aos cidadáns e cidadás, promovendo e validando un Decreto (o xoves 11 aprobouse no Parlamento español pola maioría absoluta que ostenta o PP) que estabelece unha quita sobre os aforros dos máis de 60.000 galegas e galegos afectados polas preferentes e subordinadas.
Como resposta a esa agresión, nestes días as diferentes plataformas de afectadas e afectados polo calote das preferentes e subordinadas seguirán a realizar accións de protesta polo conxunto do país, en demanda dunha solución definitiva a esta problemática. Máis ca nunca, faise necesario o noso compromiso para apoiarmos decididamente estas mobilizacións, que deben ser un auténtico berro por toda a nación na defensa destas cidadás e cidadáns estafados pola usura bancaria e agredidos por uns gobernos do PP, en Madrid e Galiza, pregados aos intereses da banca e submisos ante os ditados da Troika.
Por último, achegámosche a continuación unha ligazón onde terás cumprida información da actividade política e social do BNG a respecto da estafa das participacións preferentes e sobordinadas. http://storify.com/obloque/ preferentes Compártea!
O BNG renova os seus órgaos de dirección en Lugo Sul
O BNG de LugoSul elixiu, en asamblea, o que será o próximo órgano de dirección na comarca. Esta elección encádrase dentro do proceso de renovación dos órganos de dirección tras a celebración da XIV asamblea nacional do BNG.
A responsabilidade comarcal seguirá en mans do actual reponsabel, Ricardo Rodicio, e o consello comarcal estará integrado por un total de 15 persoas elexidas por unanimidade na asamblea, ao que haberá que sumarlle os responsábeis locais elexidos nos próximos días.
A responsabilidade comarcal seguirá en mans do actual reponsabel, Ricardo Rodicio, e o consello comarcal estará integrado por un total de 15 persoas elexidas por unanimidade na asamblea, ao que haberá que sumarlle os responsábeis locais elexidos nos próximos días.
Tras a elección do novo portavoz nacional, Xavier Vence, e coa renovación do consello comarcal o responsábel comarcal manifestou que “este segue a ser un proxecto ilusiónante e temos que conseguir recuperar o papel político que o BNG sempre tivo entre a sociedade galega, reconectar coa cidadanía, ser a opción da maioría d@s galeg@s e unha alternativa ás políticas neoliberais que encarna o partido popular no Estado español e Galiza”.
A este proceso presentouse unha única lista que foi referendada por unanimidade pola asamblea celebrada o mércores.
CONSELLO COMARCAL DE LUGO SUL
- Ricardo Rodicio González, responsábel comarcal, acción institucional, comunicación e imaxe. A Pobra do Brollón
- Maria Pilar López Martínez, vice-responsábel comarcal, alternativas programáticas e formación, Monforte
- André Sánchez Labandeira, responsábel de organización e estratexia comarcal, Chantada
- Iván Antonio Alvarez Merayo, reponsábel finanzas e campañas, Monforte
- Antía Nieves Rodríguez, responsábel política municipal, O Saviñao
- Rosa Ana Somoza Vila, responsábel de acción feminista e igualdade, Monforte
- Isidro Rajo Parga, responsábel de acción social e políticas sectoriais, O Saviñao
- Concepción García Iglesias, Taboada
- Severino Rodríguez Díaz, Monforte
- Xosé Lois Maceda Vilariño, A Pobra do Brollón
- Óscar Alonso Díaz, Sober
- Xosefa Rodríguez Rodríguez, A Pobra do Brollón
- Xosé María Rodríguez Castro, Bóveda
- Xosé Lois Fernández Hermida, Carballedo
- Rosa Ana Prieto Florines, Pantón
Assinar:
Postagens (Atom)