A Alternativa do BNG pasa por:
- Atacar o problema do paro desde a raíz,promovendo o desenvolvimento dos sectores produtivos de Galiza (lácteo, naval, pesqueiro, eólico, a conserva…) desde a convicción de que só desde o apoio á economía produtiva se poderá voltar a criar emprego de calidade.
- Unha reforma fiscal xustaque parta do principio de que pague máis quen máis ten e que combata sen cuartel a fraude fiscal.
- A criación dunha banca públicaque permita que o crédito chegue aos particulares e ás empresas. Neste sentido, propomos a modificación dos decretos que permitiron a privatización de Novacaixagalicia, isto é, o espolio do aforro galego. Defendemos que a Xunta teña dereito a mercar o 51 por cento das accións do FROB para se converter no principal accionista de NCG Banco.
- Asegurar a devolución das axudas concedidas á banca privada, para que ditos fondos se destinen ao financiamento de pequenas e medianas empresas e de autónomos.
- Eliminar o gasto burocrático innecesario, suprimindo as Deputacións e recortando o gasto militar.
- Avanzar no autogoberno de Galiza,impulsando unha reforma constitucional que recoñeza o dereito das galegas e dos galegos a decidir sobre o seu futuro.
- Defender os dereitos das traballadoras e dos traballadores, pondo o acento na defensa da estabilidade no emprego e prohibindo os expedientes de regulación de emprego en empresas con beneficios.
- Rexeitar calquera conxelación das pensiónse calquera extensión na idade de xubilación.
- Alentar unha democracia participativa de máis calidade, cun sistema eleitoral verdadeiramente proporcional e unha lei sobre consultas públicas para a convocatoria de referendos vinculantes.