Máis de 130 representantes da cultura galega solicitan o voto para o
BNG nas eleccións do próximo domingo nun manifesto chamado “A Cultura
Galega Precisa do BNG no Congreso e no Senado” que está aberto a novas
adhesións no sitio http://bngeculturagalega.wordpress.com. O seu
contido foi presentado en Santiago nunha conferencia de imprensa na que
tomaron a palabra o divulgador Uxío Novoneyra Rei, o director teatral
Arturo López, o escritor e teólogo Victorino Pérez Prieto, a profesora
María Pilar García Negro e a escritora e candidata do BNG ao Senado por A
Coruña Teresa Moure.
Segundo Pilar García Negro, que presentou aos participantes, “a
listaxe está chea de nomes fecundos que proseguen coa tradición de
compromiso que antes amosaron todos aqueles aos que lles doe este país
como Otero Pedrayo ou Rosalía de Castro”. “Non é unha listaxe de vougo
oroupel senón que representa o mundo do traballo, nacionalista ou non,
que reivindica que os galegos e as galegas queremos existir á luz do día
e que sabe que a cultura é unha necesidade dos humanos para non
converternos en simples números”, engadiu.
Pola súa parte, a escritora Teresa Moure recordou que o manifesto
trátase dunha valiosa achega “dun importante sector produtivo que ante
un forte acoso négase a deixar de ser galego”.
No manifesto están representados todos os sectores da cultura galega
e nel participan persoalidades da literatura, fotografía, artes
escénicas, música, ensino, comunicación, crítica ou banda deseñada.
Todos estes persoeiros da cultura galega aseguran no manifesto que piden
“o voto para o BNG nas súas candidaturas ao Congreso dos Deputados e ao
Senado porque a súa presenza nestas cámaras garantirá, como até agora,
que a cultura galega exista en todo o que depende da política estatal e
europea. É vital que a voz galega siga a facer valer que existimos.
Desde 1996, esta voz ten un nome: Bloque Nacionalista Galego. Votémolo.
Pola conta que nos ten”.
O manifesto completo e a lista de asinantes, que segue aberta a novas incorporacións, pódese ler neste sitio web.
O voto ao BNG é o voto útil en Galiza
"Hai que votar a quen te defende, hai que votar a quen te representa"
O pasado mércores celebrouse o mítin no Auditorio Municipal de Escairón. Ante un auditorio co aforo completo interviron Antía Nieves, e os candidatos ao Congreso e ao Senado Mar Pérez Fra e Cosme Pombo.
Quedounos claro que si Galiza ten voz na política estatal é através do BNG “porque cantos asuntos
afectan ao noso pobo estiveron presentes por boca do BNG”.
Achégase o momento de decidir. Ou o continuismo dos recortes ou o cambio de rumbo. Ou continuar pola vía do axuste duro do gasto público -coas inevitábeis secuelas de máis paro e máis crise- ou mudar a orientación das políticas públicas para pór o acento na criación de emprego e na reactivación da economía. Ou PP ou BNG. Ou ir aínda máis á dereita ou concentrar o voto “galego e de esquerdas” no Bloque Nacionalista Galego.
Achégase o momento de decidir. Ou o continuismo dos recortes ou o cambio de rumbo. Ou continuar pola vía do axuste duro do gasto público -coas inevitábeis secuelas de máis paro e máis crise- ou mudar a orientación das políticas públicas para pór o acento na criación de emprego e na reactivación da economía. Ou PP ou BNG. Ou ir aínda máis á dereita ou concentrar o voto “galego e de esquerdas” no Bloque Nacionalista Galego.
Protagonismo do sector público, reforma fiscal integral, redución dos
gastos burocráticos, impulso aos servizos sociais, vitais non só para
protexer aos máis castigados pola crise, senón tamén para impulsar a
economía e criar emprego. “Estas son algunhas das propostas alternativas
do BNG. Niso estamos a centrar a campaña, en divulgar propostas que dan
corpo á nosa alternativa”
Non é desde logo o momento nin de resignarse nin de ficar pasivo frente
ao previsíbel avanzo da dereita centralista no Estado. “Galiza ten que
gañar peso na política estatal e iso só pode vir da man do Bloque
Nacionalista Galego. Catalunya e Euskadi presumibelmente van incrementar
a súa forza e iso vainos colocar nunha mellor situación para saír da
crise. Galiza ten que tomar nota e actuar en consecuencia
Candidaturas do BNG en Lugo
CANDIDATURA AO CONGRESO
1.- MARÍA XOSÉ VEGA
2.- MAR PÉREZ FRA
3.- FEDERICO GUTIÉRREZ ESTOA
4.- ANTÓN SOMOZA CAXATO
SUPLENTES
1.- SUSANA RIVEIRA FERNÁNDEZ
2.- XOSÉ MANUEL BECERRA PARDO
3.- DORES FERNÁNDEZ ABEL
4.- XESÚS MAZAIRA VARELA
CANDIDATURA AO SENADO
1.- COSME POMBO RODRÍGUEZ
SUPLENTES:
CRISTINA FERREIRO LÓPEZ
EMILIO RAJO LÓPEZ
2.- TERESA BURGO GARCÍA
SUPLENTES:
ELVA CARRERA GONZÁLEZ
XOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
3.- BERNARDO FRAGA GALDO
SUPLENTES:
ANA BELÉN ERMIDA IGREXAS
XOSÉ MANUEL LÓPEZ HERMIDA
1.- MARÍA XOSÉ VEGA
2.- MAR PÉREZ FRA
3.- FEDERICO GUTIÉRREZ ESTOA
4.- ANTÓN SOMOZA CAXATO
SUPLENTES
1.- SUSANA RIVEIRA FERNÁNDEZ
2.- XOSÉ MANUEL BECERRA PARDO
3.- DORES FERNÁNDEZ ABEL
4.- XESÚS MAZAIRA VARELA
CANDIDATURA AO SENADO
1.- COSME POMBO RODRÍGUEZ
SUPLENTES:
CRISTINA FERREIRO LÓPEZ
EMILIO RAJO LÓPEZ
2.- TERESA BURGO GARCÍA
SUPLENTES:
ELVA CARRERA GONZÁLEZ
XOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
3.- BERNARDO FRAGA GALDO
SUPLENTES:
ANA BELÉN ERMIDA IGREXAS
XOSÉ MANUEL LÓPEZ HERMIDA
BNG, a alternativa que te defende
O BNG é a garantía de que Galiza estea presente na política estatal. Se está o BNG, está Galiza.
O BNG é garantía tamén doutras políticas frente á crise. A estas
alturas xa ninguén pode cuestionar que as políticas de PP e PSOE
fracasaron: trouxeron máis paro e paralizaron a actividade económica. É
preciso apoiar unha alternativa galega e de esquerdas. É preciso darlle máis forza a Galiza en Madrid.
A Alternativa do BNG pasa por:
A Alternativa do BNG pasa por:
- Atacar o problema do paro desde a raíz,promovendo o desenvolvimento dos sectores produtivos de Galiza (lácteo, naval, pesqueiro, eólico, a conserva…) desde a convicción de que só desde o apoio á economía produtiva se poderá voltar a criar emprego de calidade.
- Unha reforma fiscal xustaque parta do principio de que pague máis quen máis ten e que combata sen cuartel a fraude fiscal.
- A criación dunha banca públicaque permita que o crédito chegue aos particulares e ás empresas. Neste sentido, propomos a modificación dos decretos que permitiron a privatización de Novacaixagalicia, isto é, o espolio do aforro galego. Defendemos que a Xunta teña dereito a mercar o 51 por cento das accións do FROB para se converter no principal accionista de NCG Banco.
- Asegurar a devolución das axudas concedidas á banca privada, para que ditos fondos se destinen ao financiamento de pequenas e medianas empresas e de autónomos.
- Eliminar o gasto burocrático innecesario, suprimindo as Deputacións e recortando o gasto militar.
- Avanzar no autogoberno de Galiza,impulsando unha reforma constitucional que recoñeza o dereito das galegas e dos galegos a decidir sobre o seu futuro.
- Defender os dereitos das traballadoras e dos traballadores, pondo o acento na defensa da estabilidade no emprego e prohibindo os expedientes de regulación de emprego en empresas con beneficios.
- Rexeitar calquera conxelación das pensiónse calquera extensión na idade de xubilación.
- Alentar unha democracia participativa de máis calidade, cun sistema eleitoral verdadeiramente proporcional e unha lei sobre consultas públicas para a convocatoria de referendos vinculantes.
"Mentres Galiza arde, o señor da mangueiriña foise coa mangueira a Buenos Aires"
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, criticou esta mañá en rolda de prensa a ausencia do presidente da Xunta en plena vaga de incendios. “Mentres Galiza arde, o señor da mangueiriña foise coa mangueira a Buenos Aires”, dixo o líder nacionalista en alusión á famosa fotografía que retratou ao actual presidente da Xunta, daquela na oposición, ante un lume.
“É evidente que a Xunta non dispón de efectivos adecuados para combater esta vaga de lume”, afirmou, “frente a esta problema, o goberno galego, unha vez máis, non está”.
A Xunta aplica, tal e como lembrou Guillerme, “unha política de recortes como solución aos problemas e ao final son a desgraza para a xente”, polo que instou ao goberno a que “tome decisións, medidas para combater a traxedia que estamos vivindo”.
“É evidente que a Xunta non dispón de efectivos adecuados para combater esta vaga de lume”, afirmou, “frente a esta problema, o goberno galego, unha vez máis, non está”.
A Xunta aplica, tal e como lembrou Guillerme, “unha política de recortes como solución aos problemas e ao final son a desgraza para a xente”, polo que instou ao goberno a que “tome decisións, medidas para combater a traxedia que estamos vivindo”.
Assinar:
Postagens (Atom)






