O mantemento
predictivo, aquel que se realiza para que as cousas non se estropeen, que
se realiza antes de que os fallos ocurran e para que os fallos non se produzan,
é unha técnica moi utilizada na industria e que da resultados moi positivos
adiantandose aos problemas.
O estado do edificio da Biblioteca Municipal é un claro
exemplo de que as cousas se están facendo mal.
Por non realizar unha limpeza planificada do tellado e un
mantemento con productos específicos para a madeira, estamos vendo que como non
se tomen medidas rápidamente as solucións para parar o deterioro do esdificio
van ter que ser máis drásticas.
Polo que, a Asamblea
Local do BNG do Saviñao solicitou o pasado 26 de marzo que:
QUE O CONCELLO DO SAVIÑAO SE DISPOÑA A
REALIZAR UNHA LIMPEZA DO TELLADO E CANALON DO EDIFICIO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
ASÍ COMO UN TRATAMENTO COS PRODUCTOS QUÍMICOS NECESARIOS PARA QUE A MADEIRA DE
PORTAS, VENTÁS, CORREDOR ETC NON SIGA DETERIORÁNDOSE.