O día que o BNG comezou a camiñar


Cúmprense hoxe 25 anos da constitución do Bloque Nacionalista Galego en Riazor, nunha asemblea na que se iniciou un camiño que acabaría levando ao nacionalismo ao goberno galego.


O nacionalismo galego moderno comezou a camiñar o 26 de setembro de 1982 na Coruña. Por suposto, xa estaba aí antes, estivera durante anos loitando por procurar un sistema político que de verdade supuxese unha ruptura coa ditadura franquista, pero chegaba a 1982 necesitado de novas estratexias, unha vez asentada a democracia e posto en marcha o Estado das Autonomías. Era necesario un mellor instrumento para mellor influír na sociedade. A Asemblea de Riazor foi o primeiro paso dun camiño de 25 anos que acabou unificando a todo o nacionalismo galego en torno a unha única marca electoral, e que acabou levando ao BNG ao goberno da Xunta. En Riazor escoulleuse ademais o nome da nova organización así como gran parte do sistema de organización interna que estivo vixente durante máis de vinte anos.


Riazor foi o primeiro paso dun longo camiño que levou o nacionalismo ás institucións, a ter poder real de decisión a partir dos primeiros anos da década dos noventa. Riazor trouxo un cada vez maior pragmatismo fronte a maximalismo, e unidade fronte a fragmentación (a dispersión da oferta ideolóxica nacionalista foi un dos seus grandes problemas en 1981). Ao longo da Transición as forzas nacionalistas adoptaran decote posicións maximalistas, confundindo de continuo táctica e estratexia, afectadas en moitos casos por unha radicalidade teórica que os afastaba da realidade do país. Estes e outros factores impediron que a base social do nacionalismo crecese e convertese en forza electoral os avanzados sentimentos identitarios agromados na sociedade galega dende 1975, postos de manifesto durante as mobilizacións do 4 de Nadal de 1977 e 1979 a prol da autonomía ou en diversos estudos de opinión pública. Cando se avanza cara a un ideal remoto, se este está moi afastado, pode chegar a resultar difícil mesmo establecer se o paso dado nos achega o nos afasta del.

NOITEBUS NO SAVIÑAO XA!!!

O BNG do Saviñao levaba no seu programa electoral para as pasadas eleccións municipais a posta en marcha dun servizo de NOITEBUS, co obxectivo de que a xente moza non tivera que coller o coche para sair de marcha.

Estos días saiu unha noticia na prensa de que NINGÚN Concello solicitou a subvención que para tal fin puxo a disposición a Consellería de Política Territorial. Esto, parécenos desperdiciar unha oportunidade para ofrecerlle un servizo aos veciños e veciñas do Saviñao, e como sempre á xente nova.

Desde o BNG non sabemos si é, ou porque no Concello non len o DOG, porque non se pensa na xente máis nova, ou simplemente porque esta medida non daría votos.

Pretende este servizo poñer a disposición dos veciños e veciñas do Saviñao, un dispositivo para que nas noites de “marcha” non haxa que coller o coche, propoñemos un NOITEBUS como unha medida máis de prevención, xa que sabemos que este sistema non é a panacea, pero tamén sabemos que si que pode evitar algún accidente de coche.

Por todo esto, o BNG presentou unha moción no Concello Do Saviñao na que se solicita :

-Poñer en marcha de inmediato un servizo de NOITEBUS os venres, os sábados e vísperas de festivos, para que os veciños e veciñas do Saviñao poidan viaxar as zonas de marcha habituais, (Monforte e Chantada), coa máxima seguridade.

-Utilizar este servizo para atraer a máis xente nas Festas de Escairón desde as parroquias sin que estos teñan que coller o coche.

-Solicitarlle de inmediato á Consellería de Política Territorial a subvención que está establecida para tal efecto.

XA ESTA EN MARCHA O FESTIGAL 2007



Concertos Festigal 2007

24 de Xullo: 23:00h
Loretta Martin
Babylon Circus
Terrakota
Dj Missill

25 de Xullo: 21:00h
Nancy Vieira
Kroke

VIVENDAS SOCIAIS NO SAVIÑAO

Para que as institucións fagan obras no noso Concello, hai que visitalas, falar cos representantes e enterarse das posibilidades que existen.

Hai máis de dous anos que a equipa de goberno nos ven falando de que teñen solicitado a construcción dunhas vivendas sociais, e que estas estaban comprometidas polo anterior goberno da Xunta.

O BNG do Saviñao, nunha recente visita ao Delegado Provincial da Consellería de Vivenda e Solo, enterouse de que na Consellería non hai nada comprometido co Concello do Saviñao, simplemente hai unha nota onde di que hai un promotor estaría disposto a construir vivendas sociais no Saviñao.

Na nosa visita a esta Delegación, informóusenos de que para que se constrúan estas vivendas no Saviñao o Concello ten que solicitalas formalmente, e poñer a disposición da Consellería os terreos necesarios que reunan as condicións pertinentes.

Sería moi positivo para O Saviñao, para os seus veciños e veciñas, ter a posibilidade de acceder a vivendas dignas, a un prezo módico e cunha financiación adecuada, por todo esto, despois de coñecer esta situación, a Asamblea Local do BNG do Saviñao, acaba de presentar unha moción no Concello para que se sigan os trámites necesarios e se solicite da Consellería de Vivenda e Solo a construcción de Vivendas Sociais en Escairón.

PLENO EXTRAORDINARIO POLA DEVESA DE ESCAIRON


O venres dia 11 ás 9:30h celebrarase en Escairón o pleno extraordinario solicitado polo BNG para debatir o asunto do “parque multiaventura” da Devesa de Escairón.

O BNG do Saviñao mostrouse desde un principio completamente en contra do proxecto que plantexa o Concello do Saviñao e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra de convertir “A Devesa” nun Parque Multiaventura. Por esto solicitou este pleno, para incluir a Devesa como ENIL (Espazo Natural de Interese Local),

Os veciños e veciñas do Saviñao, e en particular de Escairón, xa demostraron o seu interese polo tema mobilizándose en canto tiveron noticias das intencións do Concello e do Consorcio da Ribeira Sacra de instalar na Devesa de Escairón un Parque Multiaventura..

Ante este proxecto o BNG so se pode preguntar ¿é a devesa o lugar idóneo para un parque temático como o proxectado?. Desde logo que non, fundamentalmente por tres razóns:

1ª. A Devesa é un lugar con arbores centenarias, e de interés ambiental, unha mixtura de souto e carballeira formado por diversas especies de arbores, que ate hoxe foi mimado, coidado e é orgullo da comarca e de todos os amantes do bosque autóctono, un lugar que sen dubida algunha debería estar protexido e declarado de interés botánico e cultural. A Devesa non debe nin pode estar exposta a proxectos mercantilistas nin pode tampouco soportar a presión de un parque Multiaventura, xa que algúns das arbores xa están no límite da súa supervivencia e a obra proposta serviría para acelerar o seu final.

2ª. A Devesa é un lugar de uso público e con este proxecto pasaría a ter unha parte restrinxida e so de acceso previo pago. Non esquezamos que a Devesa é un espazo aberto, foi e sigue sendo utilizado como lugar de ocio , paseo, xantar, festa e mesmo de coidado da saúde - antigamente viñan doutros lugares a respirar o ar puro de Escairón na devesa para recuperarse da tuberculose e outras doenzas respiratorias- .

3º A Devesa non é un ben repoñibel con diñeiro: as bóvedas arbóreas que amparan aos seus visitantes recordan ás dunha catedral construída pola común vontade da natureza e dos habitantes da comarca do Saviñao, desde hai séculos: hasta semilla unha bulra a presencia do plástico para representar unha suposta modernidade do ocio. Un parque multiaventura pode crearse en calisquer outro lugar do Concello sen necesidade de prexudicar a unha devesa e un pobo, podemos dicir que existen aquí vinte lugares distintos que poden reunir os requisitos que precisan sen necesidade de alterar esta ou outra carballeira ou devesa.

O BNG espera que no futuro inmediato, o novo governo do Saviñao pense en potenciar os seus recursos naturais e a súa agricultura, gandería e forestal e a industria derivada e que os Equipos redactores de proxectos, e as mesma autoridades municipais e do Consorcio, si buscan turismo para a zona, coñezan e respecten en primeiro lugar a nosa realidade.

O BNG ORGANIZA UNHA CHARLA PARA EXPLICAR O PLAN DE INFRAESTRUCTURAS DA RIBEIRA

O BNG do Saviñao leva xa algún tempo traballando coa Consellería do Medio Rural para arranxar as Pistas da Ribeira e facer algunhas novas, xa se ten redactado un Plan específico para este cometido.

Xa se arranxaron varias pistas en Mourelos (Souto do Lagarto) e Diomondi (Bexán e Viña Vella), e está a punto de abrirse unha pista de 500m en San Vitorio (na Rasa).

Para explicarnos este Plan, que foi elaborado coa colaboración da Asociación de Viticultores do Saviñao, estarán o domingo día 6 de maio ás 6 da tarde, no Auditorio Municipal de Escairón:

Juan Carlos Varela Aguiar
Presidente da Asociación de Viticultores do Saviñao
Emilio López Pérez
Delegado Provincial da Consellería do Medio Rural
Víctor Álvarez Arias
Xefe do Servizo de Infraestruturas e Estruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural.

Máis Vida para o Noso Medio Rural


“O BNG non quer planos de promoción do rural feitos desde Madrid”, afirmou o domingo o portavoz nacional, Anxo Quintana, no acto Máis Vida para o Noso Medio Rural organizado pola formación frentista nun ateigadísimo recinto feiral de Silleda. Asemade, destacou que a presenza do BNG no Goberno “está a ser moi valorada pola xente do medio rural

O portavoz nacional avaliou as recentes declaracións de Rajoy. “Afirman estar preocupados polos problemas da xente. É normal que se preocupen despois de 16 anos de lle causar problemas á xente”, dixo.

O líder nacionalista afirmou que as políticas para a Galiza interior non se poden medir só con criterios economicistas e destacou que o noso país deixará de ser nación “o día que non teña medio rural”.

O conselleiro de Medio Rural, o nacionalista Alfredo Suárez Canal, animou os presentes a teren en conta “o factor humano nas próximas eleccións”, pondo de manifesto “que no medio rural hai persoas comprometidas que van rachar coa rotina dos gobernos municipais do PP para facer que aflore o potencial do noso medio rural”.

Suárez Canal acusou os gobernos do PP –a nivel autonómico, tamén municipal- de se ter instalado na indiferencia cúmplice de “dar por bon o despoboamento, o abandono de terras e a desvertebración social do medio rural”.

O conselleiro nacionalista afirmou que o BNG non se quer limitar á xestión diaria, senón que aposta “por modificar as estruturas porque Galiza así o necesita”.

Suárez Canal repasou as medidas do seu departamento: a Lei de Banco de Terras para mobilizar superficie agraria improdutiva; a Lei de Prevención de Incendios con medidas para cambiar en profundidade a política forestal; o impulso de contratos homologados entre produtores e transformadores no sector do viño, ou o Observatorio do sector lácteo.

O BNG DO SAVIÑAO ORGANIZOU UNHA CHARLA SOBRE OS USOS E POSIBILIDADES DOS MONTES EN MAN COMÚN

O pasado martes día 24, o BNG de O Saviñao realizou unha charla sobre os Montes Veciñais en Man Común, neste acto, estivo presente o Xefe de Servizo de Montes da Delegación Provincial da Consellería de Medio Rural, Xabier Bruña.

Ao acto celebrado no Centro de Día de Escairón, asistiron máis de 75 persoas, entre os que se encontraban a maioría dos Presidentes e membros das directivas das Comunidades de Montes do Saviñao.

O candidato á alcandía do BNG, Xosé Manuel Rodríguez, explicou que “o BNG sempre tivo clara a importancia de pór a producir os montes do Saviñao, xa que son unha gran oportunidade para relanzar a economía do Concello, non só a dos propios comuneiros”

O Xefe de Servizo de Montes, Xabier Bruña, explicou aos asistentes os plans da Consellería de Medio Rural, alí contou que que a Consellería ten un orzamento para a provincia de Lugo de 15 millóns de euros, que se van invertir en poñer en valor os montes, facer plantacións de árbores, cogumelos, preparar e limpar montes…. Todas estas medidas van dirixidas a fixar povoación e mellorar a calidade de vida do rural.

Bruña, ademais de explicar polo miudo a liña de axudas aberta para os Montes Veciñais en Man Común e a posibilidade de crear Montes en Man Común novos,dixo que “o BNG fixo máis polo rural en ano e medio que os demais en trinta anos”, e así explicou a Lei do Monte Galego na que está a traballar a Consellería, a política de prevención de incendios que están facendo con desbroces ao redor dos núcleos rurais, a posta en marcha dun Banco de Terras, etc. Ademais púxose a disposición de todos os presentes para resolverlle todas as dúbidas e así creouse un debate moi participativo ao final da charla.

PUBLICAMOS AQUÍ O ARTIGO CENSURADO DE MONCHO VARELA

O BNG do Saviñao quere publicar este artigo de Ramón Varela, que se negaron a publicar diversos medios de comunicación.
Ramón Varela Díaz, naceu en Escairón, é Dr. en Bioloxía e Catedrático de Bioloxía e Xeoloxía, foi durante 13 anos Presidente de ADEGA- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Multiaventura en Escairón?.
Días pasados, en Semana Santa achegábame ao meu pobo de nacemento Escairón, e mentres noutras ocasións non existía novidade algunha, neste caso a novidade surxía co proxecto de un Parque Multiaventura que o Concello de O Saviñao pretende levar adiante como actividade no ámbito da Ribeira Sacra en particular e de Galicia en Xeral.


Unha empresa, “ITO consultores iniciativas para el turismo y el ocio”, de Ourense è a autora dun proxecto para un parque Multiaventura en Escairón cun presuposto de 190.096,16 euros a ubicar na Devesa desta vila. Considera que esta “ ten unha estructura perfectamente definida e integrada no casco urban, excelente conservación, elevado valor ecolóxico e simbólico...e aquí pode realizarse un parque multiaventura diferenciando tres áreas: a) unha de xogos accesíbeis con minigolf b) tres circuítos multiaventura nas arbores da devesa con pasarelas, tirolinas, pontes, rappel e c) por último inclúese a construcción dunha caseta cos servizos necesarios para o funcionamento do parque (almacén, estancia de monitores, elementos dos xogos, venta de entradas, venta de productos comerciais como fotografías dos usuarios, camisetas, xogos...).Contemplase asímesmo a permanencia dunha zona de uso aberto xunto ca de uso restrinxido cun acceso previo pago xa que tanto os tres circuítos multiaventura como o minigolf son de contratación previa .

Ante este proxecto podemos preguntarnos ¿ é a devesa o lugar idóneo para un parque temático como o proxectado?. Desde logo que non, fundamentalmente por tres razóns:

1ª. A Devesa é un lugar con arbores centenarias, e de interés ambiental, unha mixtura de souto e carballeira formado por diversas especies de arbores, que ate hoxe foi mimado, coidado e é orgullo da comarca e de todos os amantes do bosque autóctono, un lugar que sen dubida algunha debería estar protexido e declarado de interés botánico e cultural. A Devesa non debe nin pode estar exposta a proxectos mercantilistas nin pode tampouco soportar a presión de un parque Multiaventura, xa que algúns das arbores xa están no límite da súa supervivencia e a obra proposta serviría para acelerar o seu final.

2ª. A Devesa é un lugar de uso público e con este proxecto pasaría a ter unha parte restrinxida e so de acceso previo pago. Non esquezamos que a Devesa é un espazo aberto, foi e sigue sendo utilizado como lugar de ocio , paseo, xantar, festa e mesmo de coidado da saúde - antigamente viñan doutros lugares a respirar o ar puro de Escairón na devesa para recuperarse da tuberculose e outras doenzas respiratorias- .

3º A Devesa non é un ben repoñibel con diñeiro: as bóvedas arbóreas que amparan aos seus visitantes recordan ás dunha catedral construída pola común vontade da natureza e dos habitantes da comarca do Saviñao,desde hai séculos: hasta semella unha bulra a presencia do plástico para representar unha suposta modernidade do ocio. Un parque multiaventura pode crearse en calisquer outro lugar do Concello sen necesidade de prexudicar a unha devesa e un pobo, podemos dicir que existen aquí vinte lugares distintos que poden reunir os requisitos que precisan sen necesidade de alterar esta ou outra carballeira ou devesa.

Para terminar permítanme citar que para atraer turistas e promocionar a Ribeira Sacra existen alternativas menos custosas e de maior valor cultural que si serían apreciábeis por un turismo de ocio e tamén cultural. Referíndonos só ao Saviñao, seguramente para atraer turistas chegaría con potenciar ben a riqueza monumental , como a arte románica representada en San Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi, Santa María de Seteventos coas súas pinturas, San Victorio, Marrube... , a mesma riqueza arqueolóxica representada nos vintesete castros existentes no Concello algún amurallado e o campo de mámoas de Abuime, a arquitectura civil con abundantes Pazos e Casas Grandes , a riqueza da paisaxe con vistas sobre o Río Miño – Cabo do Mundo- e as posibilidades de sendeirismo na zona da ribeira como Mourelos, Pesqueiras.., sen esquecer a importante riqueza botánica representada no bosque mediterráneo na beira do Miño, os deportes náuticos e a pesca fluvial sen mortandade no encoro de Belesar....; a mesma gastronomía da zona ... ¿ Será necesario buscar atractivos turísticos novos, cando esquecemos, iñoramos e non valoramos nin potenciamos os recursos que temos?

Esperemos que no futuro O Saviñao pense en potenciar os seus recursos naturais e a súa agricultura, gandería e forestal e a industria derivada e que os Equipos redactores de proxectos, e as mesma autoridades municipais e do Consorcio si buscan turismo para a zona respecten en primeiro lugar a nosa realidade .

A DEVESA NON SE TOCA!


O BNG solicitou o pasado 25 de abril un pleno extraordinario para declarar A DEVESA de Escairón un “Espazo Natural de Interese Local”




O Tenente de Alcalde , nunha rolda de prensa dixo que non se vai facer o Parque Multiaventura na Devesa de Escairón. É unha noticia que reconforta, máis ao mesmo tempo sorpréndenos, porque ese mesmo día o autor do proxecto e máis o xerente do Consorcio da Ribeira Sacra decían o contrario.

A explicación é ben sinxela. O PP viuse obrigado a dar marcha atrás neste proxecto, vista a actitude dos veciños e veciñas do Saviñao, que se volcaron masivamente na oposición a este acto de agresión á Devesa, e incluso os propios simpatizantes e militantes do PP fixéronlle chegar ao Alcalde o descontento con tal medida.

O PP non ten inconvinte en desdecirse das súas informacións e, incluso, decir que nós, o BNG, mentimos aos veciños. Víronlle as orellas ao lobo e tiveron que cambiar de rumbo.

O BNG non minte. O Consorcio da Ribeira Sacra aprobou na derradeira xunta levar adiante a financiación do Parque Multiaventura na Devesa de Escairón, co voto afirmativo do Tenente de Alcalde, presente na reunión, facéndose eco desta información todolos medios de Prensa, Radio e TV, o día 23.03.07. Ahí están as hemerotecas para confirmalo.

O BNG le e escoita os medios de comunicación, o mesmo que o fan moitos veciños e veciñas. Todos os que se informan nos medios danse conta da contradicción do Tenente de Alcalde, cando vota a favor do proxecto o día 23 de Marzo e opina o contrario o día 3 de Abril.

O día 26 de Marzo o BNG fai público un comunicado, opoñéndose con firmeza ao acordo tomado polo Alcalde e polo Consorcio da Ribeira Sacra, e anunciando, sen eufemismos de negún tipo, que vai comenzar unha campaña de recollida de firmas. Esta campaña tivo un apoio masivo e demostrou unha toma de conciencia clara da maioría dos veciños e veciñas do Saviñao, de todos os grupos políticos, incluido o PP, en contra de que na Devesa de Escairón se fixese o Parque Multiaventura.

Acusáronnos de que esta campaña de recollida de firmas era unha especie de campaña preelectoral. En campaña electoral está o PP, desde hai moitos meses, carretando cemento e poñendo luces. O BNG, simplemente, repostou a unha medida equivocada da Equipa de Governo, Si esta se volve en contra deles, non poden botarlle a culpa aos demais, nen chamarlles mentirosos.

Nunca confiamos nas palabras da Equipa de Governo, por eso, o BNG solicitou o 25 de abril un Pleno Extraordinario para que se tome o acordo definitivo de que na Devesa de Escairón non se vai facer nada que poida agredir a súa grandiosidade natural. Estamos dispostos a debater calquer alternativa para facer o Parque Multiaventura ou outro proxecto nun lugar que non agreda o patrimonio ecolóxico natural do Concello. Nese caso poden contar connosco

Queremos agradecer a tódolos veciños e veciñas de O Saviñao, que avalaron coa súa firma a oposición a que a Devesa se degradara coa construcción de este Parque Multiaventura. Éles son os que conseguiron que a Equipa de Governo do PP tivera que dar marcha atrás neste proxecto.

O BNG DO SAVIÑAO NA REDE!!!!




Hoxe nace o blog do BNG do Saviñao, esperamos que este blog sexa do voso agrado, nel trataremos dar dar toda a información verdadeiramente importante para o Saviñao.

Un saudo nacionalista da Asemblea Local do BNG