O BNG do Saviñao quere publicar este artigo de Ramón Varela, que se negaron a publicar diversos medios de comunicación.
Ramón Varela Díaz, naceu en Escairón, é Dr. en Bioloxía e Catedrático de Bioloxía e Xeoloxía, foi durante 13 anos Presidente de ADEGA- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Multiaventura en Escairón?.
Días pasados, en Semana Santa achegábame ao meu pobo de nacemento Escairón, e mentres noutras ocasións non existía novidade algunha, neste caso a novidade surxía co proxecto de un Parque Multiaventura que o Concello de O Saviñao pretende levar adiante como actividade no ámbito da Ribeira Sacra en particular e de Galicia en Xeral.
Unha empresa, “ITO consultores iniciativas para el turismo y el ocio”, de Ourense è a autora dun proxecto para un parque Multiaventura en Escairón cun presuposto de 190.096,16 euros a ubicar na Devesa desta vila. Considera que esta “ ten unha estructura perfectamente definida e integrada no casco urban, excelente conservación, elevado valor ecolóxico e simbólico...e aquí pode realizarse un parque multiaventura diferenciando tres áreas: a) unha de xogos accesíbeis con minigolf b) tres circuítos multiaventura nas arbores da devesa con pasarelas, tirolinas, pontes, rappel e c) por último inclúese a construcción dunha caseta cos servizos necesarios para o funcionamento do parque (almacén, estancia de monitores, elementos dos xogos, venta de entradas, venta de productos comerciais como fotografías dos usuarios, camisetas, xogos...).Contemplase asímesmo a permanencia dunha zona de uso aberto xunto ca de uso restrinxido cun acceso previo pago xa que tanto os tres circuítos multiaventura como o minigolf son de contratación previa .
Ante este proxecto podemos preguntarnos ¿ é a devesa o lugar idóneo para un parque temático como o proxectado?. Desde logo que non, fundamentalmente por tres razóns:
1ª. A Devesa é un lugar con arbores centenarias, e de interés ambiental, unha mixtura de souto e carballeira formado por diversas especies de arbores, que ate hoxe foi mimado, coidado e é orgullo da comarca e de todos os amantes do bosque autóctono, un lugar que sen dubida algunha debería estar protexido e declarado de interés botánico e cultural. A Devesa non debe nin pode estar exposta a proxectos mercantilistas nin pode tampouco soportar a presión de un parque Multiaventura, xa que algúns das arbores xa están no límite da súa supervivencia e a obra proposta serviría para acelerar o seu final.
2ª. A Devesa é un lugar de uso público e con este proxecto pasaría a ter unha parte restrinxida e so de acceso previo pago. Non esquezamos que a Devesa é un espazo aberto, foi e sigue sendo utilizado como lugar de ocio , paseo, xantar, festa e mesmo de coidado da saúde - antigamente viñan doutros lugares a respirar o ar puro de Escairón na devesa para recuperarse da tuberculose e outras doenzas respiratorias- .
3º A Devesa non é un ben repoñibel con diñeiro: as bóvedas arbóreas que amparan aos seus visitantes recordan ás dunha catedral construída pola común vontade da natureza e dos habitantes da comarca do Saviñao,desde hai séculos: hasta semella unha bulra a presencia do plástico para representar unha suposta modernidade do ocio. Un parque multiaventura pode crearse en calisquer outro lugar do Concello sen necesidade de prexudicar a unha devesa e un pobo, podemos dicir que existen aquí vinte lugares distintos que poden reunir os requisitos que precisan sen necesidade de alterar esta ou outra carballeira ou devesa.
Para terminar permítanme citar que para atraer turistas e promocionar a Ribeira Sacra existen alternativas menos custosas e de maior valor cultural que si serían apreciábeis por un turismo de ocio e tamén cultural. Referíndonos só ao Saviñao, seguramente para atraer turistas chegaría con potenciar ben a riqueza monumental , como a arte románica representada en San Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi, Santa María de Seteventos coas súas pinturas, San Victorio, Marrube... , a mesma riqueza arqueolóxica representada nos vintesete castros existentes no Concello algún amurallado e o campo de mámoas de Abuime, a arquitectura civil con abundantes Pazos e Casas Grandes , a riqueza da paisaxe con vistas sobre o Río Miño – Cabo do Mundo- e as posibilidades de sendeirismo na zona da ribeira como Mourelos, Pesqueiras.., sen esquecer a importante riqueza botánica representada no bosque mediterráneo na beira do Miño, os deportes náuticos e a pesca fluvial sen mortandade no encoro de Belesar....; a mesma gastronomía da zona ... ¿ Será necesario buscar atractivos turísticos novos, cando esquecemos, iñoramos e non valoramos nin potenciamos os recursos que temos?
Esperemos que no futuro O Saviñao pense en potenciar os seus recursos naturais e a súa agricultura, gandería e forestal e a industria derivada e que os Equipos redactores de proxectos, e as mesma autoridades municipais e do Consorcio si buscan turismo para a zona respecten en primeiro lugar a nosa realidade .