Nas
próximas datas vaise proceder a aprobación de diversas medidas relacionadas coa
aplicación do paquete lácteo no estado español. Como se pode comprobar esta
serie de medidas teñen unha importancia crucial en Galiza, debido o peso que
este sector ten no noso pais, representando máis do 60% do total das
explotacións do estado español.
Dada
a importancia do sector lácteo na economía do noso concello o BNG celebrará unha charla informativa o próximo xoves 26 de marzo ás
17h no local sociocultural de Currelos para falar da PAC e de como quedan as
cuotas do leite.
Contaremos
con información de primeira man por parte da deputada Tereixa Paz e da
representante do BNG en europa Ana Miranda que participou activamente na
defensa so sector lácteo galego no Parlamento Europeu durante as negociacións
da Política Agraria Comun.