O Bloque Nacionalista Galego suspende hoxe a súa campaña eleitoral para mostrar o seu pesar pola traxedia de Lorca. O BNG querse dirixir especialmente ás familias e aos achegados das vítimas producidas polo terremoto para facerlles chegar a súa solidariedade.
A formación nacionalista enviou un telegrama ao alcalde de Lorca para o facer partícipe da dor que no pobo galego ten producido este terríbel acontecimento