Outro sistema financieiro galego é posible. BANCA PUBLICA GALEGA!
O pasado 4 de xullo o candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, estivo en Monforte nunha charla organizada polo BNG para explicarlle aos veciños e veciñas das terras de Lemos as alternativas do BNG para sair desta crise.
- Unha banca pública galega, unha reforma do sistema financieiro.O aforro dos galegos e galegas ten que estar ao servizo da economía productiva, da inversión pública e da cidadanía.
- Un novo modelo de financiamento autonómico.
- Unha reforma fiscal progresiva, que paguen máis @s que máis teñen.
- Reducción drástica do gasto militar e da Casa Real.
- Eliminación das Deputacións.
- Revisión do financiamento e exencións fiscais da Igrexa
Eliminar as deputacións antes que despedir traballador@s públicos
O BNG rexistrou unha proposición non de lei no Congreso para instar ao Goberno a eliminar as deputacións provinciais e racionalizar así a estrutura administrativa.
Precisamente no día no que se coñecen os plans do Goberno central de adelgazar a Administración, Jorquera pregúntase se entra nas previsións do Executivo eliminar estruturas “caducas e que duplican o gasto como son as deputacións provinciais”.
Jorquera empraza ao Executivo a aprobar un novo esquema institucional que conleve a eliminación das deputacións provinciais cuxas funcións pasarían a administrarse desde as CC.AA, e incluso outras funcións poderían ser xestionadas polas administracións locais.Os parlamentares do BNG no Congreso instan ao Goberno a realizar as modificacións lexislativas necesarias para sexan as CC.AA as que artellen e asuman as funcións das deputacións provinciais, “a fin de racionalizar a estrutura administrativa e evitar duplicidades, algo que redundaría de maneira significativa no aforro dos recursos públicos”.
O portavoz do BNG no Congreso censura que o Goberno opte primeiro por “fórmulas dramáticas e anti-sociais como o despedimento de miles de traballadores públicos antes de abordar cuestións como a eliminación das deputacións, o retorno das tropas despregadas en Afganistán e outros países”. Lembra Jorquera que case todo o orzamentos das deputacións se vai en gasto ordinario, “en gastar en sí mesmas”. A supresión das deputacións non “só suporía un aforro importante senón que dotaría de maior financiamento ás CC.AA e aos concellos para prestar servizos sociais básicos”.
ACTO PUBLICO DO BNG EN MONFORTE
O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, participará hoxe en Monforte nun acto informativo, que terá lugar na casa de cultura a partir das oito e media da tarde.
Jorquera ofrecerá unha charla baixo o lema Rescate, preferentes, banca pública: outro sistema financeiro é posíbel. No acto, que dará paso a un coloquio cos asistentes, tamén intervirán o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e a deputada autonómica Isabel Sánchez Montenegro.
Jorquera ofrecerá unha charla baixo o lema Rescate, preferentes, banca pública: outro sistema financeiro é posíbel. No acto, que dará paso a un coloquio cos asistentes, tamén intervirán o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e a deputada autonómica Isabel Sánchez Montenegro.
Galiza perdeu 85.000 afiliad@s á Seguridad Social nos tres anos de goberno Feijóo
Galiza. Marzo de 2009 1.031.871 afiliad@s á Seguridade Social. Ese mes gaña a dereita do PP, Feijóo, ás eleccións galegas. Galiza. Xuño. 2012. 946.563 afiliad@s á Seguridade Social. Tres anos longos de goberno do PP e velaí o balanzo: Galiza perdeu 85.000 afiliad@s á Seguridade Social, unha enorme perda de riqueza e un durísimo golpe para as maiorías sociais do País.
Os dados do paro rexistado son suficientemente elocuentes a respeito de que, con Feijóo ao mando, Galiza diverxe en termos de emprego con España.
No último ano -de Xuño 2011 a Xuño 2012- o paro aumentou en Galiza o 15,26 por cento, isto é, 35.646 persoas perderon o seu traballo. No mesmo período, o paro aumentou tamén en España, mais menos: o 11,97 por cento (un total de 493.468 parad@s máis).
Os dados da afiliación á Seguranza Social son máis do mesmo. En termos interanuais, decreceu máis o número de afiliad@s en Galiza que no Estado: a queda aquí foi do 4,31 por cento, mentres que en España foi do 3,18.
Este é o balanzo que deixa Feijóo. Un Goberno incompetente, un Goberno sen plano B, un goberno que, como dixo Guillerme esta mesma semana, ten de ser substituído e canto antes, mellor.
O BNG solicita melloras na limpeza e plantacións de árbores no Parque Infantil do entorno da Devesa de Escairón
A asamblea local do BNG do Saviñao ven de rexistrar unha moción no Concello na que se pide a limpeza periódica das instalacións dos parques municipais, así como o rastrillado e peneirado da area que rodea o parque municipal do entorno da Devesa para eliminar os cristais e outros obxetos dañinos.
Tamén se solicita nesta moción que se planten algunhas árbores no entorno deste parque para que produzan sombra, xa que este parque é utilizado diariamente polo alumnado da Escola Infantil Municipal e carece de ningunha zona con sombra.
O BNG do Saviñao, solicitalle ao Concello que se integren as dinámicas de limpeza e mantemento dos parques infantís dentro das dinámicas de traballo dos servizos municipais.
Asamblea Comarcal do BNG
O pasado día 24 de maio, o BNG de Lugo Sul celebrou unha asamblea comarcal que contou coa presenza do Portavoz Nacional do BNG Guillerme Vázquez, e con Francisco Garcia, alcalde de Allariz e membro da Executiva Nacional do BNG
A Executiva Nacional do BNG e o Portavoz están a celebrar encontros coas distintas Asemblea Comarcais do BNG co fin manter un contacto directo coa militancia e analizar a situación política e económica do País.
Na Asemblea Comarcal abordouse o punto da orden do día sobre a análise da situación política e os retos e desafíos que o Bloque ten por diante na actual conxuntura política, caracterizada pola brutal política de recorte nos dereitos sociais das galegas e dos galegos que exerce o Partido Popular.
A Executiva Nacional do BNG e o Portavoz están a celebrar encontros coas distintas Asemblea Comarcais do BNG co fin manter un contacto directo coa militancia e analizar a situación política e económica do País.
Na Asemblea Comarcal abordouse o punto da orden do día sobre a análise da situación política e os retos e desafíos que o Bloque ten por diante na actual conxuntura política, caracterizada pola brutal política de recorte nos dereitos sociais das galegas e dos galegos que exerce o Partido Popular.
Assinar:
Postagens (Atom)



.jpg)

