Nós decidimos, nin a Igrexa nin a Red Madre vai decidir por nós

A deputada do BNG Carme Adán, defendeu unha proposición non de lei a prol do dereito das mulleres a decidiren sobre o seu propio corpo mentres o PP quixo recoñecer a aquelas persoas "que axudan ás mulleres a seguir co seu embarazo"


Carme Adán deixou claro esta cuarta feira cal era o cerne da súa intervención a través do lema que plasmou nunha camisola. "Nós decidimos" rezaba oslogan --berro de guerra en gaélico-- que a nacionalista abandeirou na Cámara galega. Adán, recolleu na súa interpelación o testemuño de Pilar García Negro --ex-parlamentar do BNG-- que "hai 23 anos", explicou Adán, "defendeu na Cámara" a modificación da Lei do aborto de 1985 "facéndose eco da voz de 9 organizacións" feministas. 
A moción defendida pola nacionalista na sesión plenaria procuraba, como ela propia recoñeceu, que as bancadas do Partido Popular recoñecesen "que pensan realmente en relación ao dereito das mulleres" a decidiren sobre o seu corpo. Neste senso, a organización frontista exixiu o mantemento da lei 2/2010 de libre interrupción do embarazo, "que se garanta a súa aplicación en centros públicos", o cesamento da financiación pública a grupos relixiosos antiabortistas e a garantía de formación @s profesionais médic@s. 
O PP, que rexeitou a proposta presentada polo Bloque Nacionalista Galego, acusou @s nacionalistas de defender posicións "anacrónicas" e "ideolóxicas" que non respectan o dereito á vida. Carme Adán retrucou as afirmacións da voceira popular asegurando que "as mulleres" defenderon e "coidaron" a vida ao longo da historia; "ninguén as pode acusar de asasinas" --sentenzou-- fronte "as guerras e os xenocidios" que son, dixo, "produto do patriarcado". As bancadas do PP ferveron en apupos á deputada do Bloque á que mesmo acusaron de "sexista". 
O partido maioritario na Cámara recuncou na defensa do "estatuto ontolóxico do non nacido" e apelou á xurisprudencia do Tribunal Constitucional para apoiar o seu rexeitamento á lei de prazos da que din, non respondía "a unha demanda social". Mais o certo é que as institucións internacionais --a comezar polas Nacións Unidas-- chaman a garantir o dereito das mulleres a interromperen o seu embarazo en condicións de seguridade e evitar, asi, milleiros de mortes que acotío rematan coa vida daquelas mulleres que se someten a un aborto en condicións non seguras
Carme Adán lembrou á Cámara que a metade dos abortos practicados no mundo (arredor de 400 mil) son levados a cabo en condicións precarias, principalmente naqueles países onde a interrupción do embarazo está penalizada. De entre eles, o 17% remata coa morte da muller. 
"Nin a Igrexa, nin o PP nin a Red Madre vai decidir por nós"
Desde o BNG denunciaron que a Xunta de Galiza financie con fondos públicos organizacións ultrarrelixiosas que promoven a derrogación da lei do aborto. Amosando unha imaxe tomada dos valos publicitarios contratados por estas asociacións, Carme Adán exixiu que "nun Estado aconfesional" deixe de se financiar "a grupos relixiosos" para que sexa "a Igrexa quen lexisle" sobre os corpos das mulleres. 
"Nós decidimos", sentenzou a nacionalista "nin a Igrexa nin a Red Madre van decidir por nós". 



Tereixa Paz sobre a incorporación de moz@s á actividade agraria

O BNG critica a política do PP para a dinamización e diversificación económica no rural xa que non utilizan os recursos nin para apoiar a creación de emprego, nin a redan dos produtores nin a prestación de servizos.


Defensa do territorio: unha chamada urxente á sustentabilidade territorial, medio ambiental, social


Data: 11 maio 2013, 10.00-19.00 horas.
Lugar: Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela. Parque de Vista Alegre, Rúa Salvadas. Santiago de Compostela.
Organiza: BNG, Fundación Galiza Sempre e Os Verdes (Alianza Libre Europea)
10.00: Inauguración
- Ana Miranda, Eurodeputada do BNG.
- Xesús Veiga, Presidente da Fundación Galiza Sempre.
- Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG.

A TERRA

10.30-11.30: Conservación, xestión e protección dos Espazos Naturais e da Biodiversidade
Modera: Ana Pontón, Deputada responsable de medio ambiente do BNG no Parlamento galego
Participantes:
- Daniel López Vispo, Profesor. Membro de Adega.
- Fins Eirexas, Responsable de enerxía e cambio climático de Adega.
- Alfredo López. Membro de CEMMA (Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños).
Debate: Conclusión e propostas.
11.30-12.30: Desenvolvemento rural, política forestal, transxénicos
Modera: Tereixa Paz, Deputada do BNG, responsable de agricultura no Parlamento galego.
Participantes:
- Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
- Xurxo Álvarez, Presidente de Federación Rural Galega (FRUGA).
- Analía Moares Lameiro. Amigos da Terra Galicia. entidade integrada na Plataforma Galega Antitransxénicos.
- Colectivos Fragas do Eume.
- Miguel Méndez. Asociación Galega de Apicultura (AGA).
Debate: Conclusión e propostas
12.30-13.30: Problemática da minería en Galiza
Modera: Carme Adán, portavoz de Industria do BNG no Parlamento galego.
Participantes:
- Anxo Calvo, director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galiza 2005-2009.
- Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, experta en dereito medioambiental.
- Pedro Alonso Iglesias, ecoloxista, biólogo, consultor medio ambiental.
- Francisco García Trigo, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.
Debate: Conclusión e propostas
13.30-14-30: Pausa para xantar

A AUGA

15.00-16.30: Saneamento integral do litoral mariño e dos ríos, xestión e protección das costas e espazos fluviais.
Modera: Ana Miranda, eurodeputada do BNG
Participantes
- Luis Rodríguez, presidente Asoar-Armega de pesca artesanal e marisqueo.
- Serxio Regueira, Presidente da Plataforma Saneamento Ria de Vigo.
- Manuel Cao, Patrón Maior Confraría de A Coruña-Plataforma Saneamento da Ría do Burgo.
- Joam Luis Ferreiro Caramés, Biólogo da Confraría de Barallobre.
- Antón Masa. Plataforma Defensa Ría de Pontevedra.
Debate: Conclusión e propostas.

A XENTE

16.00-17.30: Xestión de residuos: situación actual, Iniciativa Lexislativa Popular, alternativas á incineración e outras experiencias de fóra de Galiza.
Modera: Mar Vila, membro da Executiva nacional do BNG.
Participantes:
- Manuel Soto Castiñeiras, profesor de Enxeñería Química da Universidade da Coruña.
- Marta Domínguez, técnico de proceso do Complexo Medio ambiental de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Barbanza.
- Joan Marc Simon, director executivo de Zero Waste Europa.
- Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzcoa.
Debate: Conclusión e propostas.
17.30: Proxección do filme Trashed, producido por Jeremy Irons, que aborda o problema da xestión de residuos a nivel planetario.
19.30: Clausura da xornada
- Ruben Cela: Portavoz municipal do BNG en Santiago de Compostela. (pc)
- Tania Ameneiro: Coordinadora Técnica da Fundación Galiza Sempre

O PP oponse a unha inciativa do BNG para solucionar a situación d@s preferentistas


Francisco Jorquera instou aos populares a posicionarse, “a carón dos estafados ou dos estafadores”
Francisco Jorquera defende unha reforma legal para reverter a quita das preferentes
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera defendeu hoxe na Comisión e Economía, a través dunha Proposición non de lei, modificar a lei para “eliminar os aspectos lesivos contra os aforradores”, petición que contou co apoio dos grupos do PSdG e AGE e foi rexeitada polo Partido popular.
Jorquera instou ao Goberno galego a asegurar con todos os seus instrumentos ao seu alcance, “a devolución da totalidade dos cartos estafados aos aforradores afectados polas participación preferentes e outros híbridos financeiros”.
O PP oponse a impugnar a lei que estafou aos aforradores
A esta petición, o deputado sumou “impugnar a lei 9/2012 de restruturación e resolución das entidades de crédito aprobadas polo Banco de España e a Comisión europea”
A iniciativa do BNG tamén solicitaba do Goberno galego “poñer a disposición d@s estafad@s toda a cobertura xurídica e política para a presentación de recursos contra o FROB e a vía de arbitraxe para todas aquelas persoas afectadas que o soliciten”.
O Goberno galego debe persoarse no proceso aberto pola Fiscalía e perseguir penalmente aos responsábeis desta estafa.
Volvemos por tanto, dixo, a suscitar a necesidade de dar unha “solución xusta” aos milleiros de estafados, despois de que a Comisión Rectora do FROB aprobara unha quita do 43% aos titulares de participacións preferentes de Novagalicia Banco, 41% ás obrigacións subordinadas perpétuas e 22% ás obrigacións subordinadas con vencemento, “ unha quita, dixo, que non conleva a integración do resto dos cartos porque serán canxeados por bonos das entidades e no proceso de recompra en accións”.
O deputado asegurou que este sistema provocará “unha nova quita aos estafados para recapitalizar a entidade que os estafou” e consuma a “legalización dun roubo” froito da negociación do Memorando de entendemento de Bruxelas na que Rajoy e De Guindos aceptaron que os pequenos aforradores tivesen que asumir unha importante parte das “débedas da banca”.
Jorquera reprobou que os deputados galegos do PP en Madrid votaran favorablemente a esta lei, que a Xunta non a recorrera e por último, que o PP “lavase a cara nesta comisión” votando en contra da quita, actitude que cualificou de “puro xogo de aparencias”.

Non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos galego!


Axúdanos a facer do próximo 17M unha xornada histórica

Difunde o cartaz da manifestación nacional pola lingua que sairá o 17M ás 12.00 h da Alameda de Santiago de Compostela

O vindeiro 17 de maio será unha data histórica. Faranse 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, obra coa que Rosalía de Castro ergueu unha bandeira, como ela mesma afirmou, da que hoxe menos que nunca debemos desertar.

Por iso todas e todos temos que facer o posíbel por converter esta xornada nun outro día memorábel de reivindicación da nosa lingua e da nosa dignidade, porque nós, igual que Rosalía, non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos Galego!

Podedes descargar os cartaces par lles dardes a máxima difusión nesta ligazón:

Non á LOMCE!!! 9 de maio FOLGA!



Secunda a folga e participa nas manifestacións e concentracións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
Organizacións estudantís, centrais sindicais mais tamén Asociacións de Nais e Pais chaman esta quinta feira a parar as aulas contra o anteproxecto de Lei de Mellora da Calidade do Ensino (LOMCE).
Convocad@s pola Plataforma galega en defensa do ensino público as aulas da Galiza están chamadas a ficaren  baleiras contra unha reforma educativa que din "liquida a igualdade de oportunidades" e "expulsa do ensino" os sectores  sociais "máis desfavorecidos"  da sociedade. 
Desde a Plataforma denuncian que o ministro de Educación, José Ignacio Wert, teime en aprobar un proxecto de lei "contrario" aos intereses do estudantado e do profesorado, rexeitamento que ficou en evidencia na folga estudantil decorrida o pasado 6 de febreiro.
Esta quinta feira, a comunidade educativa no seu conxunto exixirá, doutra volta "a retirada desta lei" e o dereito "a un ensino público galego, laico e democrático". 
A Plataforma centra en 5 puntos as denuncias ao anteproxecto de lei 
A Plataforma galega en defensa do ensino público desenvolveu ao longo das últimas semanas unha campaña informativa --mais tamén reivindicativa-- para amosar o seu rexeitamento á aprobación da coñecida como 'lei da Wertgoña'. Amais dos feches en centros de ensino por todo o país, múltiples asembleas informativas percorreron as aulas da Galiza para explicar as razóns polas que chaman a secundar a folga. A priori, o nome da lei serviu ás organizacións estudantís e sindicais para formular as súas denuncias.
  • Lesiva: Desde a Plataforma denuncia que o anteproxecto de lei presentado polo goberno español pretende crear, mediante os programas de calidade e especialización curricular, "diferentes categorías de centros" favorecendo, con máis recursos e medios, "aqueles que mellor resultados acaden". Neste senso, profesor@s e alumn@s exixen que todos os centros conten cos recursos necesarios para que tod@s reciban unha  formación de calidade. 
  • Opresora: a reforma reforza a confesionalidade no ensino e a pegada da relixión nocurrículo académico. Aliás, impón un sistema máis selectivo mediante itinerarios no ensino obrigatorio. Desde a Plataforma apuntan que esta moficación "condena prematuramente, o alumnado a optar a titulacións diferentes" e "condiciona de maneira temperá" o futuro académico e laboral do estudantado. 
  • Mercantilista: a reforma educativa elimina o Consello Escolar como órgano de goberno e traslada o sistema de xestión empresarial aos centros. Neste senso, a dirección será nomeada pola administración e gozará de maior capacidade para decidir a respeito daqueles asuntos até o momento xestionados polos propios centros, entre eles propor ou rexeitar o profesorado que sexa proposto pola administración. 
  • Clasista: o anteproxecto de lei deseñado polo executivo español fortalece o ensino privado-concertado a través da blindaxe dos concertos económicos con centros que mesmo segregan por razón de sexo. Desde a Plaraforma denuncian que malia as sentenzas xudiciais que declaran contrarios a dereito estes convenios, a Xunta de Galiza e o goberno español teimen en os renovar e mesmo ampliar. 
  • Españolizadora: é unha das criticas que centran o discurso daquel@s que exixen a súa retirada. Catalunya, Galiza e Euskal Herria denuncian que a reforma educativa incremente o control do Estado no currículo académico --malia descentralización competencia. Aliás, rexeitan que recolla a posibilidade de se financiar con diñeiro público unha escola privada para aquel alumnado que queira un ensino integramente en español. Desde as nacións do Estado critican a vontade uniformadora da norma que, mediante as reválidas, impón un modelo lingüístico "españolizador".